Mostrando entradas con la etiqueta Ricardo Carballo Calero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ricardo Carballo Calero. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020: "A caricatura de Ricardo"

Este 2020 está a resultar un pouco estraño, todas as celebracións que normalmente faciamos no colexio estamos a celebralas "dende a casa", esta vez é a celebración da Semana das Letras Galegas, dedicada este ano a Ricardo Carballo Calero. 
Unha vez máis temos que agradecervos a boa acollida que tivo pola vosa parte unha das actividades que vos propuxemos.
Aquí vos quedan todas as caricaturas que fixestes como homenaxe a Ricardo Carballo Calero.

Hecho con Padlet

domingo, 10 de mayo de 2020

"A caricatura de Ricardo"

Estivemos pensando que algúns de vos igual non vos atrevedes a debuxar unha caricatura de Ricardo Carballo Calero; por iso vos deixamos estas dúas webs que a poden facer por vós.
A primeira é Cartoonizer : Escolledes unha foto de Carballo Calero e descargadela no voso ordenador; vades á web Cartoonizer cliclando neste enlace. Dentro da  web clicades onde di "examinar" para buscar a vosa foto, subídela e escolledes o tipo de caricatura que queirades (xa que hai varias posibilidades); cando xa teñades a que máis vos guste descargadela para o voso ordenador clicando en "save" e enviádela como xa sabedes ao correo sequelonacasa@gmail.com
Quedan deste xeito:
 A segunda é Cartoon.Pho.To que funciona de maneira similar, onde di "selecciona foto" sube unha foto de Carballo Calero que se vexa ben de frente, clica en "face morphing" e cando aparezan os emojis clica no xesto que queres que faga. Cando teñas o que che gusta clica en "gardar e compartir" e por último en "descargar". Cando a teñas no teu ordenador xa podes mandala.
Queda deste xeito.

sábado, 9 de mayo de 2020

Dramatizando a Carvalho Calero

Dende a sección poemas dende a casa convidámosvos a que nos recitedes algún poema de Ricardo Carballo Calero. Votádelle imaxinación, podedes buscar toda clase de complementos e escenarios que nos axuden a comprender a súa obra.Aquí vos deixamos algúns dos poemas máis famosos do autor:


Enviade as vosas gravacions á dirección de correo electrónico sequelonacasa@gmail.com.
Os vídeos deben durar menos de un minuto, é importante que respectedes o tempo.

viernes, 8 de mayo de 2020

A caricatura de Ricardo

Como xa saberedes o 17 de maio “Día das Letras Galegas” está a piques de chegar. Este ano adicámosllo a Ricardo Carballo Calero que sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo, escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Unha das súas obras máis divertidas destinada ós mais cativos é “As pitas baixo a choiva” que conta unha experiencia vivida cando era neno.
Podedes investigar algo máis sobre a vida e obra do autor si pinchades nesta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/1937 
Dende o CEP Sequelo queremos propoñervos que fagades unha caricatura do autor. 
Unha caricatura é un retrato no que, con intención crítica ou humorística, se deforman en exceso os rasgos característicos dunha persoa.
Aquí vos deixamos unha das fotos máis míticas do autor, atrevédesvos a caricaturizalo?
Enviade as vosas creacións á dirección de correo electrónico sequelonacasa@gmail.com