Mostrando entradas con la etiqueta Padriño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Padriño. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2024

Visita de Luís Davila: Padriño da nosa Biblioteca.

BIBLIOTECA "LUÍS DAVILA"


Era moita a ilusión entre a rapazada e profesorado por coñecer a Luís Davila. 



O noso padriño veu cargado de regalos.
Foi toda unha sorpresa. 
Regalounos unha lámina preciosa dun Gaiteiro. 
Un cadro fermosísimo cheo de cores e música que colocaremos nun lugar ben visible da Biblioteca.
Regalounos tamén un lote enteiro de libros de banda deseñada:
unha recompilación dalgunhas das tiras cómicas que publica diariamente no xornal do Faro.



Fixo para o colexio unha caricatura de Ramón Otero Pedrayo.
Este pasado verán recollía o premio 
"Trasalba trazando a Otero Pedrayo" 


Debuxou unha chalana chamada "Sequeliña". Encantounos.
Moitas Grazas por personalizar. Impresionante!!!

Fíxonos rir co seu primeiro debuxo, 
un dos personaxes máis coñecidos nas súas tiras cómicas.



Publicamos estes vídeos para que poidades desfrutar de novo 
da maxia de Luís Davila cando debuxa.

Moitas Grazas por compartir connosco o teu arte e humor.


Ao terminaren a charla firmou un cento de debuxos e pinturas que o alumnado lle acercaba.
Canta paciencia! 
Todos queriamos a súa firma como recordo persoal.


MOITAS GRAZAS

Non o deixamos marchar 
sen algunha foto de grupo para o recordo.


  

RADIO ESCOLAR
Entrevista a Luís Davila
E todavía, case sen tempo, 
dedicounos uns minutiños na Radio Escolar.
Unha representación da aula de 4º formada por Camila, Mael e Aixa, 
tiña preparadas unhas preguntas 
que Davila contestou con moito agarimo.

Un gran día a recordar para o noso alumnado.

PRENSA

Publicación de Prensa

miércoles, 20 de marzo de 2024

Interpretando as Láminas de Luís Davila

 LÁMINAS DE LUÍS DAVILA

Os nosos artistas do Sequelo á espera de coñecer en persoa ao padriño da noso Biblioteca,
investigan e aprenden o principal da súa vida e obra.
A través da exposición de láminas e tiras cómicas

 sobre Luís Davila,
 que podedes ver no corredor principal do noso colexio e a través do seguinte enlace,

nas distintas titorías dende Infantil a Primaria
estase levando a cabo obradoiros de debuxo e pintura para interpretar 
unha selección das súas láminas.



Interpretación do alumnado de 3º


👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Cada clase utilizou unha técnica distinta.

Infantil: Papel Rachado

1º primaria: Ceras

2º primaria: Rotuladores

3º primaria: Témperas

4º primaria: Acuarela

5º primaria: Pastel

6º primaria: Collage

Seleccionados por clases











Recompilación das creacións artísticas por cursos

"A MARISCADORA II"
Interpretación do alumnado de 1º

"GHAMELA DA RAMALLOSA"
Interpretación do alumnado de 2º

"NASEIRO"
Interpretación do alumnado de 3º

"PANADEIRO"
Interpretación do alumnado de 4º

"POLBEIRA"
Interpretación do alumnado de 5º

"PEIXEIRA"
Interpretación do alumnado de 6º

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

ENTREGA DE PREMIOS NA BIBLIOTECA



SODES GRANDES ARTISTAS!

miércoles, 7 de febrero de 2024

UN NOME PARA A NOSA BIBLIOTECA

 

UN PADRIÑO 

PARA A NOSA BIBLIOTECA

UN NOME PARA A NOSA BIBLIOTECA


        -------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


HUMOR PARA NENOS E NENAS



Exposta no corredor principal do noso colexio
 poderedes ver unha pequena mostra en papel 
dalgunhas das láminas 
do noso Padriño Luis Davila.
Son coloridas escenas de oficios tradicionais galegos.
Saberías dicir cal son os títulos?
Consulta os enlaces para os descubrir.


😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉😉

DESAFÍO


XOGA E APRENDE


domingo, 17 de septiembre de 2023

Curso 2023-2024: BENVIDOS

CURSO 23-24: CELEBRAMOS O

 5O ANIVERSARIO DO COLEXIO 


BENVIDOS AO NOSO ESPAZO VIRTUAL DA BIBLIOTECA DO CEIP SEQUELO-MARÍN.

Este curso que empezamos ímolo dedicar a coñecer e poñer en valor a nosa contorna máis próxima:

"O NOSO LAMEIRA: UN RÍO DE VIDA"



----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

50 aniversario

 Coincidindo co 50 aniversario do colexio, ademais de coñecer o presente do noso río Lameira botaremos a vista atrás para aprender dos nosos maiores e dos fondos documentais que atoparemos nas bibliotecas, os cambios na paisaxe e na relación da vida do pobo de Marín co noso río Lameira.

Así como o curso pasado escolliamos unha nova mascota para a biblioteca: "Tuxiña", este curso escolar aproveitaremos a data sinalada do 50 aniversario para elixir un nome para a nosa biblioteca.

Proporase...

(preme no seguinte enlace)

UN NOME PARA A NOSA BIBLIOTECA

        -------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo 

para darvos a benvida a este novo curso que comenza. 

O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.