Mostrando entradas con la etiqueta "A biblioteca escolar ten a palabra". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "A biblioteca escolar ten a palabra". Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de mayo de 2022

Os Maios no día da Ascensión

Seguindo co lema "A Biblioteca Escolar ten a palabra", o colexio recupera unha antiga tradición do mundo dos maios, desaparecida dende o ano 1954, a de saír ademais do día 1 de Maio, o xoves da Ascensión.

viernes, 13 de mayo de 2022

Maio 2022. Recompilación do traballado para a celebración dos Maios.

Como todos os anos traballamos a nosa tradición dos Maios e Embarcacións da vila de Marín. Este ano máis que nunca fixemos noso o lema proposto polas Bibliotecas: " A Biblioteca Escolar ten a palabra".

viernes, 5 de noviembre de 2021

"O libro dos Conxuros" Samaín 2021

Como este ano o Día das Bibliotecas pillounos casi co Samaín, aproveitamos para centrar o Samaín na tradición oral coa proposta "Contos terroríficos polo Samaín".

O alumnado de quinto foi un pouco máis alá recollendo todos estes "Esconxuros" galegos. 

👂Escoitade atentamente, hai un remedio para cada mal👂

Nunca se sabe o que pode facer falta, por se acaso...

 
Se preferides lelos con calma están todos recollidos nun libriño na biblioteca.

miércoles, 27 de octubre de 2021

"Contos terroríficos polo Samaín". Samaín 2021

Publica aquí os audios ou vídeos dos teus relatos, historias, lendas... de medo ou contos terroríficos; ou ben, entrégallos ao teu profe titor/a para que os publique.

Hecho con Padlet

jueves, 21 de octubre de 2021

Actividades Samaín 2021

Ola! son Birlo, como xa sabedes a mascota da biblioteca, que ando por aquí argallando cousas un ano máis.

Aquí vos deixo esta carta explicando o que o equipo de dinamización da biblioteca, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e máis eu temos pensado para facer esta ano  para celebrar un Samaín de medo!!!

Lede a carta atentamente e animádevos  a participar! 

Moitas grazas! Vémonos!

miércoles, 20 de octubre de 2021

Samaín 2021 "Le sen medo"

Iniciamos as actividades de Samaín con esta selección de libros que nos propón Birlo con temas de medo. Continuando co lema "A biblioteca escolar ten a palabra" e como xa se achega o Día das Bibliotecas, Birlo proponvos que contedes historias, lendas, contos, relatos... de forma oral, así que podedes sacar ideas de todos estes libros que seleccionou.

Pasade pola biblioteca e como di o lema "Le sen medo", despois podemos contarnos uns aos outros estes terroríficos relatos, ou outros que recollades das vosas casas.

Ímolo pasar de meeeedo!!!

miércoles, 6 de octubre de 2021

Recompilación da proposta San Miguel 2021 "A danza de espadas"

Como explicamos de na entrada anterior este curso empezamos traballando unha das tradicións máis arraigadas no nosa vila a festividade de San Miguel e a danza que se baila nesta data "A danza de espadas".

Foi unha proposta que nun principio partiu da ANPA Aidón, con intención de facelo dun xeito informal, pero que nos veu moi ben para empezar a facer noso o lema elexido para as bibliotecas este curso "A biblioteca escolar ten a palabra", poñendo o foco na palabra e na oralidade.

Así que propuxemos ao noso alumnado que preguntase ao que tiña máis preto, ás fontes orais: avós, pais, amigos, veciños... recollendo toda esta información. 

Recuperamos deste xeito a utilización da biblioteca, como lugar de encontro, despois do parón do curso pasado derivado da situación producida pola COVID, e de restreno tras as obras que se realizaron a fin de curso. 

O noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades.

Deixámosvos a recompilación de como se desenvolveu toda a proposta.

martes, 21 de septiembre de 2021

San Miguel 2021 "A danza de espadas"

Facendo noso o lema deste curso "A Biblioteca Escolar ten a palabra", iniciamos as actividades da Biblioteca propoñéndovos achegarnos  a nosa cultura, acudindo ás fontes orais para investigar unha importante tradición que forma parte do patrimonio inmaterial da nosa vila, a "Festa de San Miguel" e "A danza de espadas". 

O día 29 de Setembro de moi antigo, foi día grande en Marín. Cos cambios na sociedade é difícil poder celebralo cando é lectivo, o noso centro quere celebralo como se merece dentro das nosas posibilidades. Así que nenos e nenas animádesvos a descubrir os porqués, comos, candos e onde dunha das nosas festas máis tradicionais: 

  1. Porqué se baila con espadas?
  2. Porqué as cores branco, azul e vermello?
  3. Cantos anos se leva bailando?
  4. Que representan as distintas figuras da danza?
  5. Que instrumentos musicais se usaban tradicionalmete?
Todas estas e outras moitas que se vos ocurran. Podedes recoller os traballos no formato que queirades.