Mostrando entradas con la etiqueta Polos creativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Polos creativos. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de febrero de 2026

Actividades polo Día de Rosalía

 Unha Saia para Rosalía

Unha Saia Tecida con Versos e Contos

Nos días previos á data do 23 de febreiro, Día de Rosalía, 
realizamos nas aulas obradoiros de Rosalía
 para coñecer os seus poemas, obra e vida.


Alumnado de 1º de Primaria cantando un poema de Rosalía.

"...has de cantar, meniña gaiteira,"






Música galega nos QR creados polo alumnado de 5º





👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌👌

Pasatempos con Rosalía de Castro

domingo, 8 de junio de 2025

Conto pola Igualdade

 CONTACONTOS EN FAMILIA
"NOS TRATAMOS BIEN"


Algunhas familias da clase de 2º contan xuntas un conto sobre
a riqueza da diversidade e  igualdade.



MOITAS GRAZAS

👧👦👸👱👲👳👴👵👩👨👦👱👸👧👦👸👱
👲👳👴👵👩👨👦👱👸

XUNTOS



miércoles, 21 de mayo de 2025

Biblio Tuxiña

 “Biblio-Tuxiña” 

Un dos obxectivos do Plan Anual de Lectura 
e do Plan da  Biblioteca e a animación á lectura. 
Continuar coa dinamización 
no patio de Primaria é unha das últimas actuacións dende o equipo de Biblioteca.
 A Biblio-Tuxiña  é unha casiña de madeira colocada no patio exterior de Primaria para á animación á lectura no tempo de lecer. 
Potenciar as lecturas deste rincón exterior 
co apoio dun grupo de voluntarios de biblioteca será posible a partir da próxima semana.




Tanto os rótulos da Biblio-Tuxiña
como as Fichas-Tuxiña
 para permanecer na Biblioteca, 
están feitos en Polos Creativos 
coas impresoras 3D.
20 Fichas-Tuxiña.
Podes coller unha ao entrar 
e debes deixala ao saír.





lunes, 19 de mayo de 2025

Concerto Letras Galegas 2025

 Letras Galegas

Dedicada á figura das Cantareiras 
que foron quen de manter a tradición da poesía popular oral 
coas súas pandeiretas, coas súas voces e coa festa.

O venres no colexio escoitamos cantar ao noso alumnado
 como farían elas en calquera serán.

Baixo a dirección da mestra de música 
interpretaron por cursos os seguintes cantares 
acompañados tamén dalgunha pandeireta.

Presentado por Noelía e Darío de 6º


O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria interpretou:
"A Rianxeira"


Alumnado de 5º cantando, 
"Vai dando a volta" do grupo Leilía.

Alumnado de 4º e 6º interpretando, 
"Estou cantando" do grupo Liorna.

O curso de 4º de primaria cantou o "Rap das Cantareiras",
con letra de producción propia feita na súa titoría.
Finalmente todo o alumnado de Primaria
cantou, "Vaite polo mundo" de Leilía; 
cantar relacionado coa temática do PDI
"Galicia polo Mundo"

Impresión en 3D de pandeiretas


Cantando en Galego 

ás cantareiras

Polas Letras Galegas 2025

miércoles, 15 de mayo de 2024

Coñecendo a Luísa Villalta polas Letras Galegas

LETRAS GALEGAS 2024

VÍDEO-RESUMO

Tríptico: Guía de Lecturas en galego

 Rapeando por Luísa Villalta

Clase de 4º 
 Rapeando por Luísa Villalta
Un xeito divertido de coñecela

MOI BEN CANTADO!!
🌼🌻🌺🌷🌸🌹🍁🍀🍂🌸🌹🍃🌼🌻🌺🌷🌸🌹🍁🍀🍂🌸🌹🍃

.

🌼🌻🌺🌷🌸🌹🍁🍀🍂🌸🌹🍃🌼🌻🌺🌷🌸🌹🍁🍀🍂🌸🌹🍃

sábado, 18 de febrero de 2023

Obradoiro de filloas. Entroido 2023

Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos  protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!". 

A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.

 
 
E como seguro que moitos de vos non lembrades como e cando chegou a ser a filloa "Raiña do noso Entroido" no CEIP Sequelo; foi ocorrencia dalgúns mestres no Entroido do 2004. 
Como presentación tivo esta modesta pegatina.