
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín

Despois das actividades realizadas nas aulas, os días previos; e expostas polos corredores, o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso" e o lema:
🕊️ "Se ti sorrís o mundo sorrirá"🕊️
Seguindo coas actividades realizadas para a conmemoración do Día da Paz 2023, o alumnado de 6º recita unha selección se poemas de Celso Emilio Ferreiro; e un texto que eles mesmos construíron a partir do tema da auga dentro do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, no que nos atopamos envoltos.
Polo "Día da Paz" os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un exemplo.
Recuperamos neste día unha canción xa moi antiga, pero que transmite unha mensaxe que actualmente é aínda máis necesaria recordar que cando foi un éxito aló polos anos 70.
A pesar do tempo que xa pasou desde aquela, ven moi ben para conmemorar esta data, tendo en conta ademais, que este curso estamos traballando un PDI que titulamos "Protexo o meu planeta" Protéxome eu!".
Titúlase "O Progresso", do cantautor brasileiro Roberto Carlos.
Ímola cantar en portugués, pola similitude que ten coa nosa lingua. Traballando así o plurilingüismo.Deixamos a versión oficial, e unha versión coa letra para que a aprendades.
Recompilación das actividades realizadas para a conmemoración do Día da Paz. Enchemos os corredores de mandalas nas que deixamos as nosas mensaxes de Paz.
Este ano conmemoramos o Día da Paz e a non Violencia traballando a letra desta cantiga con música de Suso Vaamonde e letra de Xosé Neira Vilas. O noso alumnado encheu os viraventos de mensaxes de Paz que agardamos lleguen levados polo vento a todo o mundo.
Este ano celebraremos o "Día da Paz" o próximo día 29 de xaneiro coas seguintes actividades:
Deixamos o vídeo coa canción e a letra:
Deixamos tamén esta recompilación de recursos para traballar nas aulas o Día da Paz. A maioría son lecturas que se poden facer no tempo dedicado á "Hora de ler".