Recompilación do traballado nas distintas etapas do Camiño Portugués para o Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidade de Vigo.
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
lunes, 13 de junio de 2022
Recompilación traballos Proxecto Edukasano "Camiño Portugués"
jueves, 9 de junio de 2022
Letras Galegas 2022. Libro conmemorativo.
Recompilación en BookCreator do traballado con motivo da Semana das Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán.
viernes, 13 de mayo de 2022
Maio 2022. Recompilación do traballado para a celebración dos Maios.
Como todos os anos traballamos a nosa tradición dos Maios e Embarcacións da vila de Marín. Este ano máis que nunca fixemos noso o lema proposto polas Bibliotecas: " A Biblioteca Escolar ten a palabra".
miércoles, 11 de mayo de 2022
Letras Galegas 2022. Programación de actividades
Programación de actividades previstas para comemorar a Semana das Letras Galegas 2022.
lunes, 9 de mayo de 2022
Día do Libro 2022. "Escoitando coa imaxinación". Emocióna-T coas nosas historias.
Aquí deixamos as historias que creastes conxugando música con imaxinación e emocións.
Todas as historias estarán recollidas nun libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca dentro da sección "Producións Propias" para que as podades ler sempre que queirades.
jueves, 5 de mayo de 2022
Día das Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán
Deixamos esta recompilación con información relativa a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
miércoles, 20 de abril de 2022
Día do Libro. "Escoitando coa imaxinación"
Para conmemorar o Día do Libro, propoñémosvos unha actividade que implica audición musical e creatividade literaria: inventar historias seguindo o que nos suxire a música.
Escoitamos atentamente esta dúas obras, eleximos unha delas, e inventamos unha historia segundo o que nos suxire a música.
Que che suxire a música? Non hai límites: Paisaxes, Momentos, Lugares, Personaxes, Situacións, Culturas, Estados de Ánimo, Debuxos, Animais, Natureza, Países, Cores, Oficios, etc.
👂Obra 2: "Danza chinesa" do ballet "O Quebranoces", compositor TCHAIKOVSKY. 🎵🎵🎵🎵🎵
viernes, 8 de abril de 2022
Visitas ao Camiño Portugués. Proxecto Edukasano
Mural para subir as vosas fotos e vídeos, nas que podedes captar: monumentos, paisaxes, pratos típicos ou calquera tipo de curiosidade que atopedes entorno ao Camiño Portugués.
jueves, 7 de abril de 2022
Recomendacións lectoras Proxecto Edukasano "O Camiño de Santiago. Camiño Portugués"
Por se antes ou despois de visitar algúns dos lugares do Camiño de Santiago vos apetece coñecer un pouco máis, ou simplemente queredes disfrutar dalgunha aventura de ficción relacionada co Camiño, na biblioteca tendes á vosa disposición todos estes libros.
miércoles, 6 de abril de 2022
Invitación de Birlo a coñocer o "Camiño Portugués"
Ola amiguiños! Como xa vos explico na carta imos tratar de coñecer un pouco máis o "Camiño de Santiago", principalmente o tramo de Tui a Santiago de Compostela, que é a etapa que nos corresponde traballar, dentro do Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidad de Vigo.
jueves, 24 de marzo de 2022
Día Internacional da Poesía: "Poemas ao teléfono"
martes, 22 de marzo de 2022
Día Internacional da Poesía dedicado a Bernardino Graña
Por o Día Internacional da Poesía, a Academia da Lingua Galega, decidiu este ano homenaxear ao poeta do Morrazo, Bernardino Graña. Nós non quixemos ser alleos a esta homenaxe, e cunha pequena representación de cada clase recitamos o seu poema "Canción para ir ao mar de pesca"... máis algo máis.
viernes, 18 de marzo de 2022
Día da Muller "Mulleres científicas e inventoras galegas"
Este ano polo Día da Muller, como traballo relacionado co PDI "Inventos que cambian o Mundo", investigamos sobre as mulleres científicas e inventoras galegas, e logo nomeamos as aulas con elas.
- Buscamos e investigamos sobre mulleres galegas científicas e inventoras: época na que viviron, importancia dos seus traballos...
- Cubrimos unha ficha en forma de peza de puzzle cos datos mais relevantes dos atopados. Formamos un puzzle na porta de cada clase.
- Cada grupo elixiu a unha para nomear a súa aula.
Neste vídeo podedes comprobar como quedaron os vosos traballos.
viernes, 4 de marzo de 2022
Día de Rosalía 2022 "Pensamento a flor de Rosalía"
Recompilación da proposta "Pensamento a flor de Rosalía" traballada para conmemorar o Día de Rosalía, o pasado 23 de febreiro de 2022.
Conmemoramos este día partindo do proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega #SementadePensamentos.
viernes, 18 de febrero de 2022
Día de Rosalía 2022
O 23 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, figura eminente do Resurdimento da literatura galega, autora de Cantares Gallegos e de Follas Novas,
entre outras obras. No seguinte Genially podedes coñecer os aspectos
máis importantes da súa vida e obra de xeito interactivo.
Tamén deixamos unhas unidades didácticas xa elaboradas noutros cursos, pero que seguro os servirán de apoio.
Unidade Didáctica 1º e 2º de primaria
Unidade Didáctica 3º e 4º de primaria
Unidade Didáctica 5º e 6º de primaria
miércoles, 16 de febrero de 2022
Entroido 2022 "MandaBirlo"
Como cada ano chega o Entroido ao noso Sequelo, polo que, sen esquecer a temática do PDI "Inventos que cambian o mundo", propoñémosvos para a semana do 21 ao 25 celebralo co "MandaBirlo". Así que, estade atentos ao que vos propón para cada día da semana.
O venres 25 remataremos cun concurso de disfraces e unha chocolatada preparada pola ANPA AIDÓN.
Haberá un premio por clase ao disfraz "máis simpático" e ao disfraz "máis orixinal".
Aquí vos quedan os mandatos de Birlo para cada día da semana.
Luns: Esperta do teu sono, e pon na túa cara un emoticono😍
Martes: Se non queres dar pena, trae na cabeza unha antena📺
Mércores: Se te pos a investigar, unha bata has precisar👚
Xoves: Moito ollo boa xente, mañán viredes con lentes😎
Venres: Para rematar de invento ou de inventor virás☎⏰✂📷📻
miércoles, 9 de febrero de 2022
Día da Paz 2022 "Mandalas pola Paz".
Recompilación das actividades realizadas para a conmemoración do Día da Paz. Enchemos os corredores de mandalas nas que deixamos as nosas mensaxes de Paz.
lunes, 31 de enero de 2022
Fondos documentais para o PDI "Inventos que cambian o mundo"
Para seguir coas propostas de traballo do PDI "Inventos que cambian o mundo" para o segundo trimestre tendes dispoñibles na biblioteca estes fondos documentais.
Pasade por alí para consultalos.
lunes, 20 de diciembre de 2021
Gañadores do "Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"
🎄🎅Entrega de premios aos finalistas e gañadores do "Concurso de Tarxetas de Nadal 2021"🎄🎅
jueves, 16 de diciembre de 2021
Recomendacións lectoras
Un ano máis e grazas ao traballo da Coordinadora de EDLG do Morrazo chégannos estas recomendacións de lecturas. A nosa mascota da biblioteca, Birlo, xa lles botou unha ollada e asegura que atopou libros moi "chulos". Mesmo pensa que sería unha estupenda idea engadir algún título á carta que lle escribamos aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador.
Que mellor xeito de empezar un novo ano que lendo un bo libro!