Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de marzo de 2023

Semana da prensa 2023. "Noticias do planeta"

Dedicamos a  Semana da Prensa 2023, do 6 ao 10 de marzo, seguindo o tema do noso PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!", a buscar noticias relacionadas co noso planeta, ben fosen para ben ou para mal. 

Recollémolas nun gran mural á entrada da biblioteca.

 

martes, 7 de marzo de 2023

Día Internacional da Muller 2023. As nosas mulleres coidan o noso planeta: Instalamos dúas caixas-niño.

Esta semana, coincidindo co "Día Internacional da Muller" tivemos a sorte de que unha mamá técnico-forestal, viñese ao noso colexio para colocar dúas caixas-niño nas árbores que rodean o centro. 

Ademais esta actividade sirveunos tamén para:

  • Concienciarnos da importancia do coidado dos montes.
  • Informarnos dos pasos que debemos seguir se provocamos ou vemos un incendio.  
  • Recordar que nos montes hai lixo e moitas cousas que non deberían formar parte dese entorno...

Previamente, os nenos/as de Infantil, fixeron uns comedeiros con laranxas. Esperemos que aniñen os paxariños! 

Moitas grazas pola visita, aprendemos moito, seguiremos facendo mais comedeiros e coidaremos o monte.

miércoles, 1 de marzo de 2023

Día Internacional da Muller 2023. As nosas mulleres protexen e coidan o noso planeta

Ademais das mulleres citadas na entrada anterior, tamén hai mulleres cercanas a nós que diariamente, co seu traballo protexen e coidan o noso entorno, e deste xeito protéxennos a nós e o noso planeta.

Por iso dedicaremos esta data ás nosas mulleres (nais, aboas, familiares, coñecidas…) coñecedoras dos nosos campos, cultivos, xardíns, montes, medio ambiente… (desde traballadoras do campo, ou coidadoras do seu xardín ata inxeneiras forestais ou especialistas en medioambiente) que nos virán contar a súa experiencia.

martes, 28 de febrero de 2023

Día Internacional da Muller 2023. Mulleres que protexen e coidan o noso planeta

Este ano seguindo a temática do PDI "Protexo o meu planeta!, Protéxome eu!" imos investigar sobre mulleres que dedican a súa vida a protexer o noso planeta coa defensa do medio ambiente en distintos ámbitos: vida animal, defensa dos océanos, desenvolvemento sostible, activistas polo cambio climático...

Sabedes quen son e que fan (ou fixeron) estas mulleres: Jane Goodall, Berta Cáceres, Rachel Carson, Dian Fossey, Wangari Maathai, Greta Thunberg...

Para que investiguedes un pouco sobre elas, deixámosvos varias páxinas con información para que as consultedes e completedes a seguinte ficha documental.

miércoles, 22 de febrero de 2023

Desfile de comparsas, baile e degustación de lambetadas. Entroido 2023

Celebramos o Entroido facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".

Rematamos con festa no colexio e degustación de lambetadas típicas de Entroido, aportadas polas familias.

sábado, 18 de febrero de 2023

Obradoiro de filloas. Entroido 2023

Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos  protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!". 

A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.

 
 
E como seguro que moitos de vos non lembrades como e cando chegou a ser a filloa "Raiña do noso Entroido" no CEIP Sequelo; foi ocorrencia dalgúns mestres no Entroido do 2004. 
Como presentación tivo esta modesta pegatina.
 

lunes, 13 de febrero de 2023

Escribindo a biblioteca escolar no Entroido

Este ano no Entroido quixemos recuperar a tradición de facer comparsas e cantar as típicas cancións "cun toque crítico e cómico"; para o que por ciclos reescribimos varias cancións coñecidas, facendo alusión ao PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".

  • O terceiro ciclo versionou a canción "Made you look" de Meghan Trainor, como "Vou reciclar".  
  • O segundo ciclo versionou a canción  "Dance monkey" de Tunes and I, como "Aire dance".

Demostrando así que a nosa lingua é igual de válida que o inglés para facer música pop. 

Infantil e primeiro ciclo, preferiron a nosa música tradicional, crearon unha letra para a melodía tradicional galega "A miña Rosiña", como "Que bonito o monte!".

"Made you look" de Meghan Trainor, versionada como "Vou reciclar".

O terceiro ciclo versionou a canción "Made you look" de Meghan Trainor, como "Vou reciclar". Tratando o tema da importancia do recliclaxe na roupa.

 

Vídeo da canción coa letra orixinal

"Dance monkey" de Tunes and I, versionada como "Aire dance"

O segundo ciclo versionou a canción  "Dance monkey" de Tunes and I, como "Aire dance". Tratando a tema da importancia da contaminación do aire.

 
 
Vídeo coa letra orixinal
 

Infantil e primeiro ciclo "A miña Rosiña", versionada como "Que bonito o monte"

Infantil e primeiro ciclo, crearon unha letra para unha melodía tradicional galega "A miña Rosiña", como "Que bonito o monte!". Tratando o tema da importancia de coidar os nosos montes, ríos e mares.

 
 
Vídeo coa música tradicional
 

viernes, 10 de febrero de 2023

Obradoiro de Consumo "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"

Como actividade enmarcada dentro do PDI "Protexo meu planeta! Protéxome eu! realizamos a primeira actividade que ten que ver co Entroido. 

Nada mellor para iniciar un entroido seguro e responsable que  un Obradoiro impartido polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"

O alumnado de 5º curso, despois de atender as explicacións e consellos, realizou unha máscara.



jueves, 9 de febrero de 2023

Entroido 2023: Mandadiño "Recicliño"

Xa temos aquí o Entroido 2023, así que o Sequelo vístese de entroido; polo que, sen esquecer a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu", propoñémosvos para a semana do 13 ao 17 celebralo co "Mandadiño: Recicliño". Así que, estade atentos ao que vos propón para cada día da semana.

Aquí vos quedan os mandatos "Recicliños" para cada día da semana. Recordade que en entroido tamén se pode Reutilizar, Reducir e Reciclar.

Luns: Cun pano da túa nai, convírtete en "Superman".🦸‍♂️

Martes: Fai un gorro de papel, ti serás un bo grumete. ⛵

Mércores: E metade de semana, vente coa cara pintada.🤡

Xoves: Xa me quedo sen ideas, disfrazate como queiras. 👨‍🍳🕵️🧙🧛

Venres: Día grande hoxe será, por Marín desfilarás. 

O venres 17 celebraremos un desfile de comparsas polas rúas de Marín, as comparsas cantarán na alameda, rematando á chegada ao colexio con degustación de postres típicos de Entroido.


sábado, 4 de febrero de 2023

Conmemorando o Día da Paz 2023

Despois das actividades realizadas nas aulas, os días previos;   e expostas polos corredores, o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso" e o lema: 

🕊️ "Se ti sorrís o mundo sorrirá"🕊️

jueves, 2 de febrero de 2023

Poemas de Paz 2023

Seguindo coas actividades realizadas para a conmemoración do Día da Paz 2023, o alumnado de 6º recita unha selección se poemas de Celso Emilio Ferreiro;  e un texto que eles mesmos construíron a partir do tema da auga dentro do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!,  no que nos atopamos envoltos.

lunes, 16 de enero de 2023

Día da Paz 2023. "O Progresso" Roberto Carlos

Recuperamos neste día unha canción xa moi antiga, pero que transmite unha mensaxe que actualmente é aínda máis necesaria recordar que cando foi un éxito aló polos anos 70.

A pesar do tempo que xa pasou desde aquela, ven moi ben para conmemorar esta data, tendo en conta ademais, que este curso estamos traballando un PDI que titulamos "Protexo o meu planeta" Protéxome eu!".

Titúlase "O Progresso", do cantautor brasileiro Roberto Carlos.

Ímola cantar en portugués, pola similitude que ten coa nosa lingua. Traballando así o plurilingüismo.

Deixamos a versión oficial, e unha versión coa letra para que a aprendades.

 
 

Letra da canción "O Progresso" en portugués

jueves, 22 de diciembre de 2022

"Nadal no cole". Nadal 2022, CEIP Sequelo

Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

  • Tradicional concurso de "Tarxetas de Nadal" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
  • Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
  • Actividade proposta pola ANPA Aidón "Adornos navideños con caixas".

🎅🎄🎇Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible🎇🎄🎅 

Bo nadal!!!

miércoles, 30 de noviembre de 2022

Exposición "Froitos de outono". A Horta.

Ao longo do mes de novembro estivemos traballando os froitos de outono, como remate fixemos:

  • Exposición coa que podemos comprobar non só o saudables e cheos de propiedades nutritivas que están, senon que mesmo son decorativos. 
  • Os beneficios que nos proporcionan a nós e ao noso planeta. 
  • Recollemos todo o que aprendimos neste libro: Orixe, propiedades, forma de cultivalos, receitas de cociña...

Froitos do outono

No mes de novembro comezouse a traballar na horta do colexio.
 Aos nenos e nenas de terceiro tocoulles sementar guisantes.
En abril recolleron a colleita.