Despois de traballado o conto de "Arturo e Clementina" os nenos e nenas do CEP Sequelo quixeron axudar a Clemetina a realizar os seus soños, por iso enchemos o colexio de Clementinas moradas que o único que cargaban na súa coiraza foron os bos desexos do noso alumnado.
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller. Mostrar todas las entradas
jueves, 26 de noviembre de 2020
domingo, 22 de noviembre de 2020
25 de Novembro: Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller
Este ano imos traballar esta conmemoración tan importante a través do conto de "Arturo e Clementina" da autora Adela Turín.
Se queredes tamén podedes ler o conto clicando no título "Arturo e Clementina"
Unha vez visto o que pasaba entre Arturo e Clementina imos facer estas reflexións:
- Como é Clementina?
- Por que Clementina non era feliz?
- Como é Arturo?
- Que farías no lugar de Clementina?
- Que che parece o final do conto?
- Esperabas que rematara así?
- Que che gustou máis da historia?
- Que aprendiches con esta historia?
- O outro día cando ía paseando á beira do río Lameira...
- O outro día cando estaba xogando no parque Eguren...
- O outro día cando viña de volta do colexio...
- O outro día cando ía coa miña nai ao super...
- O outro día cando fun a pescar co meu avó ao porto...
·
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

