Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2024

Rotulación e Cartelería da Biblioteca Luís Davila

 CDU
Clasificación Decimal Universal

Dende que se fixeron as obras no colexio, a Biblioteca foise adaptando e mellorando para facer dela un espazo de creatividade e aprendizaxe asequible e dinámico.

Unha das últimas melloras foi a rotulación de tódolos estantes, facendo máis doado para o alumnado o recoñecemento das diferentes seccións da clasificación dos fondos segundo a CDU.


A propósito do nome escollido para a Biblioteca:

"Biblioteca Luís Davila"

Colocouse enriba da porta principal unha placa co nome do padriño da Biblioteca.

Todo isto levouse a cabo grazas ao plotter de polos creativos e á creatividade da profesora Menchi.

MOITAS GRAZAS

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

domingo, 22 de octubre de 2023

Día Internacional da Biblioteca 2023

 Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca

creado en 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte.


👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

O CÓMIC TAMÉN É LECTURA

Crea ti mesmo

👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

Como celebrar o día da Biblioteca?

Moi fácil, simplemente visita unha.

Acércate ata a nosa Biblioteca e déixate ilusionar pola maxia

 das historias, aventuras, da información, dos CÓMICS...

Este ano Asesoría de Bibliotecas de Galicia te como lema:

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS



Faremos coincidir nesta semana a celebración do Samaín coa data das Bibliotecas.
Contacontos de historias de medo e debuxos terroríficos encherán a Biblioteca do noso centro.

Os pequenos decorarán cos seus debuxos de medo as paredes.
Os cursos superiores farán pasar medo coas súas historias espantosas 
a todos aqueles que se asomen pola Biblioteca.



viernes, 4 de abril de 2014

Sesión de Contacontos para terceiro curso

Os nen@s de terceiro curso estiveron lendo durante o segundo trimestre "La bicicleta es mía" de Carlos Peramo. Como complemento a esta lectura hoxe tiveron unha sesión de contacontos na biblioteca, na que o pasaron así de ben.



martes, 11 de junio de 2013

Visita Fina Casalderrey

Hoxe visitounos Fina Casalderrey, que estivo conversando cos nen@s de 4º curso do seu libro "Chamizo", despois de responder a todas as preguntas dos rapaces aínda tivo un momentiño para asinarlles os exemplares.

Aproveitando a súa amabilidade tamén lle pedimos que inaugurase o "Libro de visitas" da nosa biblioteca.

viernes, 22 de marzo de 2013

Visita de Ana Alonso

Hoxe recibimos na Biblioteca a visita da escritora Ana Alonso, que estivo cos nen@s de 4º curso falando do seu libro "El palacio subterráneo", despois dunha animada charla cos rapaz@s, tamén tivo un ratiño para asinar exemplares.


Se queredes saber máis sobre a autora e a súa obra pinchade no seguinte enlace http://anaalonsoyjavierpelegrin.com/

martes, 5 de marzo de 2013

Día Internacional da Muller Traballadora

Como cada ano o 8 de marzo celébrase o
 "Día Internacional da Muller Traballadora"
Pinchando na foto teredes a resposta ao porque da elección desta data.



jueves, 17 de enero de 2013

viernes, 14 de diciembre de 2012

miércoles, 5 de diciembre de 2012

lunes, 3 de diciembre de 2012

Concurso de mascota e lema para a biblioteca

Este ano comezamos facendo un concurso para elexir unha mascota e un lema que representen á nosa biblioteca. Houbo moita participación por parte do alumnado. Mostrámosvos aquí algunhas das mascotas e lemas finalistas no concurso.

martes, 27 de noviembre de 2012

Benvidos á biblioteca

Benvidos á Biblioteca do CEP Sequelo. 

Desde aquí esperamos poder compartir con todos vós gratificantes momentos de lectura e actividades. Recordade que "quen ten un libro ten un amigo"