Para este magosto aprenderemos o "Rap do magosto" de "Brinca Vai" con este video no que os compañeiros do CEIP San Bartolomé de Tremoedo puxeron a letra da canción. Moitas grazas compañeiros!!! E nós a cantar e bailar sen escusas!!!
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas
martes, 10 de noviembre de 2015
miércoles, 11 de junio de 2014
"Feliz Aniversario" CEP Sequelo
Non hai aniversario sen canción, sen tarta, sen velas e sen pedir algún bo desexo; isto é o que nos faltaba para rematar o Aniversario é o noso PDI. Disto todo encargouse a profesora de Relixión Dona Inés; facendo unha xigantesca tarta que os nen@s adornaron cos seus bos desexos para polo menos outros 40 anos.
O alumnado de 3º curso cantou unha versión adaptada ao noso cole e traducida ao galego da coñecida "Feliz Aniversario".
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
40 anos de escola,
curso 2013-2014,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
traballos do alumnado,
video
sábado, 7 de junio de 2014
Visitas a Exposición "40 Anos de Escola"
As visitas a exposición de todo alumnado foron a posta en común final de todo o proxecto.
Pouco a pouco todos os cursos do colexio, así como os pais do noso alumnado e antigos alumnos foron pasando pola nosa exposición. Moi loable a labor dos nos@s guías da exposición que lograron sobrepoñerse aos nervios e fixérono así de ben explicando e respondendo ás preguntas dos seus compañeir@s e demais visitas.
miércoles, 4 de junio de 2014
Apertura da Exposición "40 Anos de Escola"
Despois de moito traballo por parte de toda a comunidade escolar onte inauguramos a Exposición "40 Anos de Escola", culminación do proxecto que estivemos a traballar durante todo o ano e acto principal na celebración do 40 Aniversario do CEP Sequelo. Grazas a todos os antigos mestres, antigos alumnos e a toda a comunidade escolar por compartir con nós este día tan especial.
Aquí deixamos un resume de como quedou a exposición e de como foi a inauguración.
Recordade que podedes visitala durante os próximos quince días.
Aquí deixamos un resume de como quedou a exposición e de como foi a inauguración.
Recordade que podedes visitala durante os próximos quince días.
viernes, 30 de mayo de 2014
"Representando a Mafalda". Homenaxe a Mafalda e ao seu creador Quino
Como xa dixemos unhas entradas máis abaixo este ano o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades foille concedido a Quino, o creador de Mafalda. Nada nin nadie se libra das críticas de Mafalda. Así que aínda que esto non estaba programado nas actividades do noso Proxecto "40 Anos de Escola". Que mellor despedida que unha crítica á escola en ton de humor?
Así que intentamos representar as tiras creadas por Quino de Mafalda e os seus compañeiros na escola.
jueves, 29 de mayo de 2014
Actividades da clase de música relacionadas co Proxecto
Deixamos aquí un enlace ao blog da clase de música "Descubrindo a Música", alí podedes ver os trababallos realizados co proxecto feitos nesta materia.
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
40 anos de escola,
curso 2013-2014,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
traballos do alumnado,
video
miércoles, 28 de mayo de 2014
Dona Elena Santiago. Terceiro curso
Dona Elena Santiago, antiga alumna do colexio e nai de dúas alumnas actuais Alejandra de 3º B e Andrea de 6º B, estivo co alumnado de Terceiro curso compartindo as súas experiencias e recordos da súa etapa escolar. Contounos como era o centro, as aulas, os mestres, a que xogaban... Moitas grazas pola súa colaboración.
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
40 anos de escola,
curso 2013-2014,
información,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
video,
visitas
martes, 27 de mayo de 2014
Os maiores do Centro Sociocomunitario de Marín. Sexto curso
Invitamos aos maiores do Centro Sociocomunitario de Marín a que compartisen con nós a s súas experiencias escolares, deles aprendimos ademais de coma era a súa escola, como era a súa vida de nenos.
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
40 anos de escola,
curso 2013-2014,
información,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
video,
visitas
lunes, 26 de mayo de 2014
Dona Loli Cachafeiro. Sexto curso
Dona Loli Cachafeiro, antiga mestra do colexio estivo co alumnado de Sexto curso, co que compartiu as súas experiencias como alumna e como mestra.
Don Ramón Fernández. Quinto curso
Don Ramón Fernández, antigo mestre e primeiro director do centro, estivo co alumnado de Quinto curso ao que lles faluo do duros que foron os comezos do colexio, nadie mellor que el para sabelo, pois foi o responsable de botalo a andar.
Don Lino Morales. Quinto curso
Don Lino Morales, antigo mestre e director do colexio, estivo co alumnado de Quinto curso ao que lles falou da súa etapa de mestre e director no colexio; así como dos cambios que nel se produciron ao longo dos tempo.
Don Celso Méndez. Cuarto curso
Don Celso Méndez, antigo mestre do colexio, estivo co alumnado de Cuarto curso ao que lle contou as súas experiencias como mestre e como era o colexio cando el empezou a dar Educación Física.
Don Paco Davila. Terceiro curso
Don Paco Davila, antigo mestre do colexio, estivo co alumnado de Terceiro curso, co que compartiu as súas experiencias como mestre.
Dona Victoria Fernández. Segundo curso
Dona Victoria Fernández; antiga mestra do colexio, estivo co alumnado de Segundo curso, ao que lles contou ademais de como era a escola cando empezou a traballar, como era a escola cando ela era unha nena da súa idade.
Así resumiron os nenos a súa visita
Dona Mari Carmen Fernández. Primeiro curso
Dona Mari Carmen Fernández, antiga mestra do colexio, estivo co alumnado de Primeiro curso, contándolles como era a súa primeira escola e como era este colexio cando ela chegou.
jueves, 22 de mayo de 2014
Mafalda vai a Escola
Este video xa estaba seleccionado no apartado de información documental para o noso proxecto "40 Anos de Escola", pero hoxe traémolo a páxina principal como o noso homenaxe a este popular personaxe Mafalda e ao seu creador Quino.
Nadie mellor que Mafalda para aportar unha visión crítica da Escola. Invitámosvos a que a coñezades un pouco máis a través das viñetas que podedes atopar na rede. Aquí vos deixamos un enlace.
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
40 anos de escola,
curso 2013-2014,
Mafalda,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
Quino,
video
miércoles, 21 de mayo de 2014
Día do Libro 2014."Unha Viaxe no Tempo". Primeiro Ciclo
Mostra dalgúns dos contos que realizaron
os alumn@s do Primeiro Ciclo para celebrar o Día do Libro; coa temática
do Proxecto "40 Anos de Escola".
Día do Libro 2014. "Unha Viaxe no Tempo". Segundo Ciclo
Mostra dalgúns dos contos que realizaron
os alumn@s do Segundo Ciclo para celebrar o Día do Libro; coa temática
do Proxecto "40 Anos de Escola".
Día do Libro 2014. "Unha Viaxe no Tempo". Terceiro Ciclo
Mostra dalgúns dos contos que realizaron os alumn@s do Terceiro Ciclo para celebrar o Día do Libro; coa temática do Proxecto "40 Anos de Escola".
lunes, 19 de mayo de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

