Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de mayo de 2014

Visita de Gonzalo Moure

Hoxe acompañounos na Biblioteca Gonzalo Moure, falando de dous dos seus libros "Los caballos de mi tío", co alumnado de 5º curso; e "Cama e conto", co alumnado de 3º curso. 

5º curso


  


















 

3º curso


viernes, 18 de abril de 2014

Gabriel García Márquez

Desde aquí o noso pequeno homenaxe a Gabriel García Márquez. Sobre el xa está todo dito así que consideramos  que o mellor que podemos facer é deixarmos varios enlaces a outras webs nas que podades atopar información sobra a súa vida e obra.

miércoles, 2 de abril de 2014

Visita de Miguel Ángel Alonso Diz

Hoxe Miguel Ángel Alonso Diz acompañou aos nen@s de 4º curso, cos que falou do seu libro "A nena á que non a deixaban ser feliz".


viernes, 28 de marzo de 2014

Visita de Mau e Pin

Os nen@s de primeiro curso estiveron lendo neste segundo trimestre "Xelo, o carteiro xurelo". Hoxe estiveron acompañados dos seus autores Mau e Pin cos que falaron, debuxaron e pasárono en grande.  


viernes, 21 de marzo de 2014

Visita de Marcos Calveiro

Hoxe acompañounos na biblioteca Marcos Calveiro que estivo falando cos alumn@s de 5º curso do seu libro "Palabras de auga". Despois da amena charla aínda tivo un ratiño para asinar exemplares.


jueves, 5 de diciembre de 2013

Visita Santiago Freire

Hoxe acompañounos na biblioteca Santiago Freire que falou cos nenos e nenas de cuarto curso do seu libro "Martingadas". Tamén aproveitou a visita para presentarlles o seu novo libro "Venres". 

martes, 11 de junio de 2013

Visita Fina Casalderrey

Hoxe visitounos Fina Casalderrey, que estivo conversando cos nen@s de 4º curso do seu libro "Chamizo", despois de responder a todas as preguntas dos rapaces aínda tivo un momentiño para asinarlles os exemplares.

Aproveitando a súa amabilidade tamén lle pedimos que inaugurase o "Libro de visitas" da nosa biblioteca.

viernes, 22 de marzo de 2013

Visita de Ana Alonso

Hoxe recibimos na Biblioteca a visita da escritora Ana Alonso, que estivo cos nen@s de 4º curso falando do seu libro "El palacio subterráneo", despois dunha animada charla cos rapaz@s, tamén tivo un ratiño para asinar exemplares.


Se queredes saber máis sobre a autora e a súa obra pinchade no seguinte enlace http://anaalonsoyjavierpelegrin.com/