Mostrando entradas con la etiqueta ANPA AIDON. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANPA AIDON. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2026

Praza da Amizade


Hoxe  a comunidade educativa do cole estivo de celebración. Inauguramos a Praza da Amizade!

Como testigo da celebración, 
unha placa de madeira dalle nome á nosa praza da Amizade.


" Hai un amigo en mi"

Versión feita para a ocasión a partir da banda sonora da película de Disney de "Monstruos S.A."




Artigo de prensa do Diario de Pontevedra



Moitas grazas a todos/as por facelo posible,
en especial a nosa ANPA!!

martes, 18 de noviembre de 2025

Magosto 2025

 Magosto en Familia

Castañas, xogos, festa...
Este martes tivemos a tradicional festa do magosto no noso colexio.
Despois do recreo fixemos equipos para xogar polas distintas estacións aos xogos que as nosas mestras tiñan preparados.

Equipo Cabazas xogando 
aos bolos celtas e na carreira de sacos

Equipo Castañas na Carreira de sacos


Equipo castañas nas carreiras con culler

Equipo castaña no xogo encesta na castaña



A festa foi amenizada polo artista, Nelson Quinteiro.
A súa actuación, "Barullo" encantounos.

Logo dos xogos tivemos festa, castañas e chocolate.



Moitas á ANPA 
pola rica chocolatada!!!

 
A Nelson encantoulle o noso colexio e dedicounos estes vídeos.


Ata o próximo ano!!!


lunes, 10 de noviembre de 2025

Banco de Alimentos

 Esta fin de semana a ANPA colaborou na  "Gran Recollida" de alimentos para a Fundación Provincial do Banco de Alimentos.

Poderedes continuar coa publicación 
no enlace da red social instagram.


Moitas Grazas pola iniciativa!!


miércoles, 29 de octubre de 2025

Decoración do Sequelo polo Samaín

 Polo Samaín Sustos e Medo 
para morrer de risa

Exposición de cabazas


Noraboa, son terroríficas!!

Grazas Familias pola vosa colaboración


Temos que agradecer o esforzo da ANPA por esta festa.
Adornos terroríficos, altares e mesas para coñecer vellas tradicóns.





 MOITAS GRAZAS POLA DEDICACIÓN


viernes, 3 de octubre de 2025

Actividades Extraescolares

 EXTRAESCOLARES

CURSO 2025-2026

Actividades ofertadas pola ANPA AIDON do
 CEIPP Sequelo-Marín

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!


martes, 9 de septiembre de 2025

Mercado 3R

 A anpa Aidón impulsa o mercado 3R:

segunda man, retro, vintage , 

antigüidades, artesanía con refugallo.

  


lunes, 27 de noviembre de 2023

Día do Mestre

 27 de Novembro





🌼🌺🌹🍁🍂🍃🌼🌺🌹🍁🍂🍃🌼🌺🌹🍁🍂🍃🌼🌺🌹🍁🍂🍃
...                                                                                                                           

RECORDANDO A ...

Neste día facemos especial mención da profesora
Mª Jesús, titora de sexto,
que elixiu esta data tan sinalada
para celebrar a súa xubilación.









miércoles, 28 de diciembre de 2022

Festa de Nadal 2022

Así rematamos o primeiro trimestre do curso:

Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".

Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.

Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.

🎄🎄🎄Boas Festas a todos!🎄🎄🎄

✨✨Vémonos no 2023!✨✨

lunes, 28 de febrero de 2022

Resumo do Entroido 2022. CEP Sequelo

Noi foi unha celebración do Entroido como o noso tradicional "Obradoiro da Filloa" previo á pandemia, pero fixemos o que pudemos.

Despois de seguir durante toda esta semana de entroido os mandatos de Birlo co seu "MandaBirlo", sen esquecer o PDI "Os inventos que cambian o mundo". Rematamos o venres disfrazándonos de inventos ou inventores.
Como fin de festa houbo degustación de filloas, elaboradas polas Filloeiras de Valongo e chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN

Comprobade con que enxenio creastes os vosos disfraces.

viernes, 12 de noviembre de 2021

Resumo do Magosto 2021. CEP Sequelo.

O pasado día 11, coincidindo coa tradicional celebración do San Martiño, celebramos o magosto no colexio. Foi un magosto diferente a outros anos. En lugar de xogos populares realizamos manualidades no patio, cada grupo burbulla no seu espazo. 

A ANPA AIDÓN foron os encargados de asar e repartir as castañas. 

Unha festa diferente, pero igualmente divertida, pasámolo xenial. Deixámosvos este vídeo para recordo. 

Se queredes consultar a información da man dos protagonistas mirade atentamente este vídeo na web do centro "Informativo Especial Magosto 2021".

Esperamos que o próximo curso xa podamos saír todos coa cara emborronada de carbón.

miércoles, 5 de mayo de 2021

A festa dos maios 2021

Así traballamos este curso esta tradición tan arraigada na nosa vila, intentando que se asemellase o máis posible a como tiña costume ser. 

Agradecemos a colaboración da ANPA, sen a súa axuda non sería posible ter estes dous maios tan feitiños.

A festa dos maios 2021 no CEP Sequelo de Mercedes González

sábado, 2 de enero de 2021

lunes, 2 de noviembre de 2020

Resumo do Samaín 2020

Como remate desta mostra de actividades, deixámosvos este pequeno resumo do que foi este ano o Samaín no colexio.

sábado, 31 de octubre de 2020

"Debuxos terroríficos" Samaín 2020

Estes son os debuxos finalistas e gañador do concurso de "Debuxos terroríficos polo Samaín" convocado polo CEP Sequelo en colaboración coa ANPA.

Que medo pasou o xurado elexíndoos!!! Moitas grazas a todos por participar. 

Debuxos_terroríficos_Samaín... by megoleal1

"Relatos Terroríficos" Samaín 2020

Estes son os relatos finalistas e gañador do concurso de "Relatos terroríficos polo Samaín" convocado polo CEP Sequelo en colaboración coa ANPA.

Moitas grazas a todos por participar, puxéstesllo moi difícil ao xurado.

"Relatos Terrorífico" Samaín 2020. CEP Sequelo by megoleal1 on Scribd

Cabazas gañadoras, Samaín 2020

Estas son as cabazas gañadoras do "Concurso de decoración de cabazas", o xurado tívose que decidir por dúas pero realmente todas estaban moi traballadas. 

Noraboa a todos, grazas a vosa participación tivemos o colexio moi ambientado este Samaín. 

domingo, 25 de octubre de 2020

"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2020. CEP Sequelo

Neste taboleiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo (na entrada anterior deste blog).

Hecho con Padlet

miércoles, 14 de octubre de 2020

Samaín 2020. Concurso de relatos terroríficos e debuxos terroríficos.

Este curso no que todo ten que ser celebrado dun xeito tan distinto, Birlo, a mascota da biblioteca, que levaba tempo moi soliño na biblioteca, en colaboración coa ANPA proponvos participar nuns concursos terroríficos!!!

  • Concurso de "Relatos terroríficos" para 4º, 5º, 6º. 
  • Concurso de "Debuxos terroríficos" para 1º, 2º, 3º. 
  • Concurso de "Decoración de Cabazas"

Lede atentamente a carta coas súas explicacións.