SEMANA DO LIBRO
Despois de escoller os contos
do recuncho de lecturas do noso proxecto,
fixemos uns contacontos compartidos


Tivemos ocasión de escoitar a lectura dun fragmento en catalán dun coñecido conto titulado, "A que sabe a Lúa".
CONTOS
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín


CONTOS
En apoio ao proxecto interdisciplinar de centro,
dende a clase de Relixión traballamos
os relatos curtos creados por Xesús,
coñecidos como "As Parábolas do Mestre".
A divertida técnica do Croma para o alumnado
permite situar a historia nun escenario realista que fai máis próximo o relato.
O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro.
A razón é que o 23 de abril de 1616 morrían
Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Pippi Medialongas
Na clase de 2º de primaria estamos coñecendo moitas cousas relacionadas con Suecia,
un país de emigración para moitos galegos e galegas.
Co gallo do 80 aniversario da publicación do primeiro exemplar de Pippi Mediaslongas,
e coincidindo coa Semana do Libro,
visitounos Jo, a nai de Rula.
Falounos de cómo xurdiu a posibilidade de publicar o libro,
das súas características,
Agasallounos con dous libros para os alumnos/as que responderon mellor a preguntas relacionadas con exposto e outro para enriquecer a nosa Biblioteca de centro.
Estamos moi agradecidos.

Co gallo da Semana do Libro algúns cursos de Primaria
apuntáronse a unha busca do tesouro na Biblioteca.
Relacionouse para a actividade unha busca do tesouro
sobre o "Día das persoas con extremidades diferentes"
coa CDU,
a clasificación universal dos libros nos estantes da Biblioteca.
A razón foi pasalo ben entre os libros
dándolle ao mesmo tempo
difusión a esta data e ao tema da diversidade.
Cunha man ao lombo, á pata coxa, pintando coa boca...
unha xincana ben divertida na Biblioteca.
Obradoiro de Cómic.
Ricardo Pazos alumno de 3º da ESO do IES Mestre Landín
veu polo noso centro para contar ao alumnado de 3º e 4º
a súa experiencia como ilustrador de comic.
Publica os seus comics
na revista da asociación cultural Céltica Galicia.
Ensinou aos nenos e nenas como iniciarse
na creación de personaxes para os cómics.