Mostrando entradas con la etiqueta axudante de biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta axudante de biblioteca. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de mayo de 2025

Biblio Tuxiña

 “Biblio-Tuxiña” 

Un dos obxectivos do Plan Anual de Lectura 
e do Plan da  Biblioteca e a animación á lectura. 
Continuar coa dinamización 
no patio de Primaria é unha das últimas actuacións dende o equipo de Biblioteca.
 A Biblio-Tuxiña  é unha casiña de madeira colocada no patio exterior de Primaria para á animación á lectura no tempo de lecer. 
Potenciar as lecturas deste rincón exterior 
co apoio dun grupo de voluntarios de biblioteca será posible a partir da próxima semana.




Tanto os rótulos da Biblio-Tuxiña
como as Fichas-Tuxiña
 para permanecer na Biblioteca, 
están feitos en Polos Creativos 
coas impresoras 3D.
20 Fichas-Tuxiña.
Podes coller unha ao entrar 
e debes deixala ao saír.





viernes, 25 de abril de 2025

Obradoiro de Pippi Mediaslongas

SEMANA DO LIBRO


Pippi Medialongas

Na clase de 2º de primaria estamos coñecendo moitas cousas relacionadas con Suecia,

un país de emigración para moitos galegos e galegas.

 Co gallo do 80 aniversario da publicación do primeiro exemplar de Pippi Mediaslongas, 

e coincidindo coa Semana do Libro, 

visitounos Jo, a nai de Rula.


Falounos de cómo xurdiu a posibilidade de publicar o libro, 

das súas características,

da vida da autora e doutras das súas obras.

Agasallounos con dous libros para os alumnos/as que responderon mellor a preguntas relacionadas con exposto e  outro para enriquecer a nosa Biblioteca de centro.


Fixemos moitas actividades relacionadas con Pippi e
 as súas aventuras.


Estamos moi agradecidos.

jueves, 20 de marzo de 2025

Biblio-Recreo


Biblio nos Recreos

Nun día de choiva

O pracer da lectura informal


 


Xogando en grupo

Socializando a través do xogo regrado.

 

Rincón LEGO

Creatividade e Iniciativa.


🌂🌂🌂🌂🌂✨✨✨✨✨🌂🌂🌂🌂🌂

O pracer da lectura silenciosa e informal

Tamén nos días de sol.


 BIBLIOTECA ESCOLAR
ESPAZO DE LECER e COMUNIDADE

viernes, 7 de febrero de 2025

Nova sección: "Contos de Cine"

 

CONTOS DE CINE

A petición do grupo de axudantes da Biblioteca, estreamos unha nova sección onde se reubicaron 

os contos Disney, Pixar, Dreamworks... e outros libros de ficción que foron levados ao cine.

 
Agora estan facilmente localizables e
 esperando para desfrutar convosco da fantasía.


Quen se anima !!!