Mostrando entradas con la etiqueta 40 aniversario CEP Sequelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 40 aniversario CEP Sequelo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de noviembre de 2023

QUEN É QUEN?

Actividade motivadora do 50 aniversario

Retomando a celebración do 50 aniversario do colexio, fíxose un mural “ Quen é quen” que quedará exposto de fondo no corredor onde está colocada a exposición de textos antigos anteriores ao 1980 ou máis.
 O mural mostra tan só fotografías da infancia do noso claustro, recordando as etapas de infantil e primaria, e quedará exposto sen nomes ata o Nadal.


A modo de adiviña entre alumnado e claustro, 
proporase xogar ao " Quen é Quen"

Xogamos?

A etapa escolar do profesorado



GALERÍA FOTOGRÁFICA 40 ANOS DE ESCOLA


LOGO DO 25 ANIVERSARIO

 





miércoles, 11 de junio de 2014

"Feliz Aniversario" CEP Sequelo

Non hai aniversario sen canción, sen tarta, sen velas e sen pedir algún bo desexo; isto é o que nos faltaba para rematar o Aniversario é o noso PDI. Disto todo encargouse a profesora de Relixión Dona Inés; facendo unha xigantesca tarta que os nen@s adornaron cos seus bos desexos para polo menos outros 40 anos.


O alumnado de 3º curso cantou unha versión adaptada ao noso cole e traducida ao galego da coñecida "Feliz Aniversario".

sábado, 7 de junio de 2014

Visitas a Exposición "40 Anos de Escola"

As visitas a exposición de todo alumnado foron a posta en común final de todo o proxecto. 
Pouco a pouco todos os cursos do colexio, así como os pais do noso alumnado e antigos alumnos foron pasando pola nosa exposición. Moi loable a labor dos nos@s guías da exposición que lograron sobrepoñerse aos nervios e fixérono así de ben explicando e respondendo ás preguntas dos seus compañeir@s e demais visitas.

miércoles, 4 de junio de 2014

Apertura da Exposición "40 Anos de Escola"

Despois de moito traballo por parte de toda a comunidade escolar onte inauguramos a Exposición "40 Anos de Escola", culminación do proxecto que estivemos a traballar durante todo o ano e acto principal na celebración do 40 Aniversario do CEP Sequelo.  Grazas a todos os antigos mestres, antigos alumnos e a toda a comunidade escolar por compartir con nós este día tan especial.
Aquí deixamos un resume de como quedou a exposición e de como foi a inauguración.
Recordade que podedes visitala durante os próximos quince días.

lunes, 2 de junio de 2014

Invitación á Exposición "40 Anos de Escola"


Estimados/as nais, pais, titores/as e alumnos/as:
           
Neste curso estamos organizando diversas actividades coordinadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca do centro con motivo da celebración do 40 aniversario da apertura do colexio, no curso escolar 1973/74.
   Unha das principais actividades contempladas neste proxecto conmemorativo chamado Proxecto Documental Integrado “40 anos de Escola” consiste nunha exposición que poderá ser visitada por Vdes. entre os días 2 e 13 de xuño, en horario de 13:10 a 14:00 horas, é dicir, na última sesión da xornada lectiva.
     Na exposición poderán visitar diversas dependencias do colexio nas que figuran os traballos realizados polos nosos alumnos con motivo deste aniversario e diverso material escolar antigo, desde libros de texto, lectura e consulta, ata mapas, material de ciencias e tecnoloxía e outras curiosidades da época.
   Tamén poderán visitar as dependencias do centro equipadas co material informático máis moderno, como as aulas Abalar e as equipadas con pizarras dixitais, xa que o que se pretende con esta actividade é amosarlles a evolución da escola desde as últimas décadas do século pasado ata a actualidade.
    Esperando contar coa súa presenza, reciban un cordial saúdo.
                         
Asdo.: Rafael Martínez Martí, director

viernes, 30 de mayo de 2014

"Representando a Mafalda". Homenaxe a Mafalda e ao seu creador Quino

Como xa dixemos unhas entradas máis abaixo este ano o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades foille concedido a Quino, o creador de Mafalda. Nada  nin nadie se libra das críticas de Mafalda. Así que aínda que esto non estaba programado nas actividades do noso Proxecto "40 Anos de Escola". Que mellor despedida que unha crítica á escola en ton de humor?
Así que intentamos representar as tiras creadas por Quino de Mafalda e os seus compañeiros na escola.

miércoles, 28 de mayo de 2014

Dona Elena Santiago. Terceiro curso

Dona Elena Santiago, antiga alumna do colexio e nai de dúas alumnas actuais Alejandra de 3º B e Andrea de 6º B, estivo co alumnado de Terceiro curso compartindo as súas experiencias e recordos da súa etapa escolar. Contounos como era o centro, as aulas, os mestres, a que xogaban... Moitas grazas pola súa colaboración.

O que nos contaron os pais

Algúns pais do noso alumnado atrevéronse a compartir con nós os seus recordos  e experiencias da súa etapa escolar; recopilados estos relatos.

martes, 27 de mayo de 2014

Os maiores do Centro Sociocomunitario de Marín. Sexto curso

Invitamos aos maiores do Centro Sociocomunitario de Marín a que compartisen con nós a s súas experiencias escolares, deles aprendimos ademais de coma era a súa escola, como era a súa vida de nenos.

A escola dos nosos maiores

Os nenos de 6º A, ademáis de recoller o que lle contaron os maiores do Centro Sociocomunitario de Marín na súa visita ao colexio,  preguntaron aos seus avós e avoas como foron os seus tempos de escola, recopilando esta información.

lunes, 26 de mayo de 2014

ESTIVERON CON NÓS OS ANTIGOS MESTRES DO COLEXIO

Pedímoslles aos antigos mestres do colexio que nos acompañaran neste noso primeiro Proxecto "40 Anos de Escola". Que mellor fonte de información que eles! Amablemente aceptaron e aquí temos un resume de todo o que aprendimos deles. Moitas grazas por colaborar con nós e volver a escola por un día.

Dona Loli Cachafeiro. Sexto curso

Dona Loli Cachafeiro, antiga mestra do colexio estivo co alumnado de Sexto curso, co que compartiu as súas experiencias como alumna e como mestra.


Recopilación da Visita de Dona Loli Cachafeiro. Sexto curso

Recopilación da información da visita de Dona Loli Cachafeiro recollida polo alumnado de Sexto curso. 

Don Ramón Fernández. Quinto curso

Don Ramón Fernández, antigo mestre e primeiro director do centro, estivo co alumnado de Quinto curso ao que lles faluo do duros que foron os comezos do colexio, nadie mellor que el para sabelo, pois foi o responsable de botalo a andar.

Don Lino Morales. Quinto curso

Don Lino Morales, antigo mestre e director do colexio, estivo co alumnado de Quinto curso ao que lles falou da súa etapa de mestre e director no colexio; así como dos cambios que nel se produciron ao longo dos tempo.

Recopilación das visitas de Don Lino Morales e Don Ramón Fernández. Quinto curso

Recopilación de información das visitas de Don Lino Morales e Don Ramón Fernández, antigos mestres e directores do colexio, recollida polo alumnado de quinto curso.

Don Celso Méndez. Cuarto curso

Don Celso Méndez, antigo mestre do colexio, estivo co alumnado de Cuarto curso ao que lle contou as súas experiencias como mestre e como era o colexio cando el empezou a dar Educación Física.