Un ano máis rematamos o curso cos premiados en distintas actividades propostas pola biblioteca. Este ano tiveron premios os máis lectores e os gañadores do concurso "Que sabes da historia do libro?".
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2014-2015. Mostrar todas las entradas
viernes, 19 de junio de 2015
Premios aos máis lectores do curso 2014-2015
Os máis lectores do curso:
- Alejandra Vilas Santiago__4ºB
- Martina Pazos Iglesias__3ºB
- Álvaro Pereira Omil__2ºB
Premios aos gañadores do concurso "Que sabes da historia do libro?"
Os gañadores do concurso "Que sabes da historia do libro?"
- Carlos De la Torre Aboal__3ºA
- Miguel Suárez Rey__3ºB
- Pedro Abrokwah Solla__4ºA
- Pedro Ares Touriño__4ºA
- Iago Nestar Bueno__4ºB
- Alfonso Mera Landín__4ºB
miércoles, 17 de junio de 2015
O noso libro sobre a historia do libro "Do papel á nube"
Neste libro quedou recollida a liña do tempo sobre a historia e evolución do libro "Do papel á nube" que fixemos entre todo o alumnado do centro; e así nolo resumiron os nenos e nenas de 2ºB.
viernes, 5 de junio de 2015
Día do Libro 2015. Proxecto "Do papel á nube"
Despois de traballar ao longo dos meses de abril e maio na historia e evolución do libro co proxecto titulado "Do papel á nube", así quedou o nosa liña do tempo, e así o contaron os nosos nenos.
lunes, 27 de abril de 2015
Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde
Aínda non rematada a celebración do Día do Libro, xa temos outra á vista o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde, "O vello profesor", como se lle coñecía de xeito cariñoso. Deixámosvos aquí algúns enlaces para que profundicedes un pouco máis sobre a súa figura.

- Materiais elaborados polo Seminario Galán: http://seminariogalan.org/inicio/portada
- Materiais propostos pola Coordinadora Galega de ENDLs: http://coordinadoraendl.org/letras2015/index.html
- Páxina da Galipedia adicada a Filgueira Valverde: https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Filgueira_Valverde
- Información sobre Filgueira Valverde da Real Academia Galega: http://academia.gal/letras-actual#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?
- Información sobre Filgueira Valverde do Museo de Pontevedra: http://www.museo.depo.es/persoeiros/filgueira.valverde/es.99000500.html
- Fundación Filgueira Valverde: http://filgueiravalverde.gal/
Etiquetas:
curso 2014-2015,
Filgueira Valverde,
información,
información Filgueira Valverde,
Letras Galegas,
Letras Galegas 2015
sábado, 25 de abril de 2015
Día do Libro 2015. Pinga Teatro
Seguindo coa celebración do Día do Libro, o venres contamos con Pinga Teatro que nolo fixo pasar así de ben coa súa representación do conto "A nai da nai da miña mamá", ao mesmo tempo que nos transmitiron unha mensaxe de respecto polos nosos maiores.
viernes, 24 de abril de 2015
Día do Libro 2015. "Do papel á nube"
domingo, 19 de abril de 2015
Maio 2015. Coplas
Como cada ano estamos dispostos a cantar "o maio", estas son as coplas que inventamos co alumnado de 4º, 5º e 6º.
viernes, 27 de marzo de 2015
Día do Libro 2015:"Do papel á nube"
Este ano para conmemorar o Día do Libro propoñémosvos que investiguedes para descubrir a historia do libro desde os seus orixes ata a actualidade; a través das seguintes actividades:
- Elaboración dun mural coa liña do tempo na que se representará a historia do libro.
- Concurso "Que sabes da historia do libro?"
Para realizar estas actividades deixámosvos os seguintes enlaces:
- Páxina do ITE "Historia del Libro": http://ntic.educacion.es/w3/novedades/dossiers/libro/historia.htm
- "La Fábrica del Libro": http://lafabricadelibros.com/de-donde-vienen-los-libros.php
- Historia do libro en Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_del_libro
- "Naveguemos por los Libros": http://naveguemosporloslibros.blogspot.com.es/p/breve-historia-de-libro.html
Videos de interés:
martes, 13 de enero de 2015
Día da Paz 2015. "Apertas que voan"
Xa temos canción para celebrar o Día da Paz escolar, que se celebra, como cada ano, o día 30 de xaneiro. A proposta do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística "Apertas que voan" do músico e actor galego Paco Nogueiras, formando parte do disco "Brinca Vai!".
domingo, 7 de diciembre de 2014
Concurso Tarxetas de Nadal 2014
Un clásico do Nadal no colexio é o Concurso de Tarxetas. Aquí temos as ganadoras.
miércoles, 12 de noviembre de 2014
Matemáticas divertidas 2ºA
Retomando o lema da celebración do Día das Bibliotecas "Biblioteca escolar matemático", os nenos e nenas de 2ºA animáronse a facer de profes de matemáticas deste xeito tan divertido.
viernes, 17 de octubre de 2014
Samaín 2014. Lendas galegas.
Como actividade de inicio do PDI "Pegadas de pedra dos devanceiros" desde o ENDL propóñennos para a semana do Samaín traballar as lendas "das mouras" desde diversos aspectos: Lecturas, representacións teatrais, traballos de investigación...
Deixamos varios enlaces que vos poden servir de axuda.
- Galicia Meiga. Sección "Lugares máxicos"
- Lendas vivas. V Televisión
- Materiais didácticos para celebrar "O Samaín"
- Galipedia. Información sobre os castros

jueves, 16 de octubre de 2014
PDI "Pegadas de pedra dos devanceiros"
A proposta do ENDL este ano o PDI que se vai levar a cabo no colexio será "Pegadas de pedra dos devanceiros", no que se tratará de facer un recorrido pola nosa orixe desde, como indica o título, as primeiras pegadas que os nosos devanceiros deixaron nos petroglifos, castros, arte, cultura popular...
miércoles, 15 de octubre de 2014
Día da Biblioteca. "Biblioteca escolar... matemático!!!"
Seguindo o lema elexido este curso para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) deixámosvos algúns enlaces a páxinas que a través lecturas, xogos e mesmo algún chiste poden despertar o interese polas matemáticas. Que vos divirtades!!!
Ao mellor seguindo os exemplos propostos animádesvos a crear as vosas propias producións.
Ao mellor seguindo os exemplos propostos animádesvos a crear as vosas propias producións.
- Poemas matemáticos 1:http://www.sectormatematica.cl/recreativa/poemas.htm
- Poemas matemáticos 2: http://www.matematicasdivertidas.com/Poesia%20Matematica/poesiamatematica.html
- Chistes matemáticos: http://www.sectormatematica.cl/recreativa/chistes.htm
- Historia das matemáticas: http://www.matematicasdivertidas.com/Historia/historiaencomic.swf
- Ilusións ópticas: http://www.amolasmates.es/ilusiones/ilusiones.htm
- "El huevo de chocolate": Curiosidades matemáticas, trucos, adiviñas, etc: http://www.elhuevodechocolate.com/mates.htm
- Xogos matemáticos 1: http://www.mundoprimaria.com/juegos-matematicas
- Xogos matemáticos 2: http://www.matematicasdivertidas.com/Zonaflash/zonaflash.html
miércoles, 1 de octubre de 2014
Benvida ao novo curso 2014-2015
Un ano máis dámosvos a benvida ao curso desde a biblioteca do colexio. Que mellor para saudarnos neste inicio de curso 2014/1015 que o cartel e lema elexidos para a campaña de comezo de curso nas bibliotecas galegas "Biblioteca escolar... matemático!!!".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

