Mostrando entradas con la etiqueta Nadal 2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal 2022. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de diciembre de 2022

Festa de Nadal 2022

Así rematamos o primeiro trimestre do curso:

Primeiro recibindo a visita de Mary Poppins, que pasou polo cole para saudarnos e desexarnos unhas Boas Festas, mellor dito "Merry Christmas".

Tamén Papá Noel fixo un recorrido polo colexio, saudando a todas as clases.

Para rematar tivemos unha festa coas "Badaladas 2023", chocolatada a cargo da ANPA AIDÓN, e baile e festa ata cansarnos.

🎄🎄🎄Boas Festas a todos!🎄🎄🎄

✨✨Vémonos no 2023!✨✨

jueves, 22 de diciembre de 2022

"Nadal no cole". Nadal 2022, CEIP Sequelo

Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

  • Tradicional concurso de "Tarxetas de Nadal" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
  • Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
  • Actividade proposta pola ANPA Aidón "Adornos navideños con caixas".

🎅🎄🎇Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible🎇🎄🎅 

Bo nadal!!!

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Cantando panxoliñas na biblioteca. Nadal 2022

Tras dous anos sen poder facelo todos xuntos, a profe de Relixión dona Inés, como todos os anos, alegrounos o Nadal con esta selección de panxoliñas que que interpretou co seu coro. 

Este Nadal ademáis sumóuse a profe de inglés María, cunha selección de panxoliñas en inglés, mellor dito "Christmas carols".

viernes, 16 de diciembre de 2022

Escribe unha carta aos nosos maiores

Seguindo a iniciativa da residencia da terceira idade de Pontevadra, pedimos que escribisen unha carta de felicitación do Nadal aos maiores do Centro Sociocomunitario de Marín.

Que mellor forma de seguir co lema proposto para este curso "Escribir a Biblioteca Escolar".