Mostrando entradas con la etiqueta 50 aniversario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 50 aniversario. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de junio de 2024

A Canción do 50 Aniversario

 Música e Coreografía... 

...para despedir con festa ao noso CEIP SEQUELO

no seu 50 aniversario.


Durante a graduación de 6º...


jueves, 9 de mayo de 2024

Maio da Ascensión 2024

 Mantendo a Tradición

Os nosos alumnos celebrando a Ascensión, 
cantando o Maio polas rúas da Vila.

 
O noso Maio pequeniño pola Ascensión
co detalle do 50 no Aniversario do colexio.
Embarcación "Xiana"

Embarcación "Xiana"


O "Antonio Rodríguez", o noso case segundo barco. 
" Antonio Rodríguez"
Acompañando aos cantores na foto 
saen un grupo de estudantes rumanos 
que visitaban o museo do Mar.
Os alumnos rumanos forman parte do Comenius no IES Chan do Monte,
 guiados en inglés por Ana Pazos, unha exalumna do noso Sequelo. 



NORABOA !!
...e ata o ano que ven.



martes, 30 de abril de 2024

Clausura da Celebración do 50 Aniversario do CEIP SEQUELO-MARÍN

 50 ANIVERSARIO



Con gallo do 50 aniversario do noso centro
 tivemos unha tarde de celebración para recordar

e coñecer o novo Sequelo✨


Xuntámonos o día 13 de maio, 
luns de 16:00-18:00h da tarde.



💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜

Actividades levadas a cabo durante o curso 2023-2024
relacionadas coa Celebración do  50 Aniversario.

David, ex alumno da promoción 80-93

Iris Loira, ex alumna.


👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀

HEMEROTECA

Algúns recordos dende o ano 2010...

SAMAÍN
MAGOSTO
 PANXOLIÑAS NADAL
NADAL
DÍA DA PAZ


🎉🎉🎉🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎈🎉🎉🎉

O logo do 50 Aniversario feito co plotter para personalizar algúns recordos da data.
 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN


Aí ven o Maio...

 CANTANDO OS MAIOS

Día 1 Maio: Festa dos Maios

Pola mañá na alameda
Acompañados polo profesor Jose Antonio e as familias
o alumnado do Sequelo cantou o Maio

A coroa do Maio luce un 50 en flores vermellas
como recordo do 50 Aniversario do noso colexio



Pola tarde no Multiusos da Vila



Cantando a Embarcación "Antonio Rodríguez"


Cantando o Maio no concurso
Eloy de 6º como solista

🌸🌸🌷🌷🌷🌷🌹🌹🌹🌿🌿🌿🌿🌿🌼🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌺🌺🌻🌻🌼🌼🌸🌸🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌿🌿🌾🌾🌾🌾🌾🌾

🌸🌸🌷🌷🌷🌷🌹🌹🌹🌿🌿🌿🌿🌿🌼🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌺🌺🌻🌻🌼🌼🌸🌸🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌿🌿🌾🌾🌾🌾🌾🌾

PREPARATIVOS PREVIOS

 PARA A TRADICIONAL FESTA DOS MAIOS

E para poder cantar o 1 de Maio...

  • Mes de abril: Creación das coplas e ensaios da música e coreografías da man do mestre Jose Antonio e da mestra de música, Montse: Cantar dos maios e das embarcacións.


  • Xoves 25 de abril: A profe Merchi, colaboradora durante moitos anos na organización dos maios do centro, acudiu un ano máis a perfeccionar a técnica do coro do maio Mariñeiro.
  • Martes 30 de abril: Pola mañá alumnado e profesorado cosen para o maio as flores e pampullos e se interpretan para todo o colexio as coplas do Maio e Embarcacións.

E como a choiva non deixou cantar o Maio no patio, 
xuntámonos na Biblioteca.



Na tarde do día 30 vístese o Maio 
coa colaboración da ANPA AIDON 
e das familias voluntarias...


Visita de Ramón, ex profesor do noso centro, 
para a axudar na confección do Maio.

NORABOA POLO GRAN TRABALLO
DE MANTER A TRADICIÓN
E POLOS PREMIOS RECIBIDOS

🌸🌸🌷🌷🌷🌷🌹🌹🌹🌿🌿🌿🌿🌿🌼🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌺🌺🌻🌻🌼🌼🌸🌸🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌿🌿🌾🌾🌾🌾🌾🌾

viernes, 26 de abril de 2024

Rotulación e Cartelería da Biblioteca Luís Davila

 CDU
Clasificación Decimal Universal

Dende que se fixeron as obras no colexio, a Biblioteca foise adaptando e mellorando para facer dela un espazo de creatividade e aprendizaxe asequible e dinámico.

Unha das últimas melloras foi a rotulación de tódolos estantes, facendo máis doado para o alumnado o recoñecemento das diferentes seccións da clasificación dos fondos segundo a CDU.


A propósito do nome escollido para a Biblioteca:

"Biblioteca Luís Davila"

Colocouse enriba da porta principal unha placa co nome do padriño da Biblioteca.

Todo isto levouse a cabo grazas ao plotter de polos creativos e á creatividade da profesora Menchi.

MOITAS GRAZAS

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Visita de Luís Davila: Padriño da nosa Biblioteca.

BIBLIOTECA "LUÍS DAVILA"


Era moita a ilusión entre a rapazada e profesorado por coñecer a Luís Davila. 



O noso padriño veu cargado de regalos.
Foi toda unha sorpresa. 
Regalounos unha lámina preciosa dun Gaiteiro. 
Un cadro fermosísimo cheo de cores e música que colocaremos nun lugar ben visible da Biblioteca.
Regalounos tamén un lote enteiro de libros de banda deseñada:
unha recompilación dalgunhas das tiras cómicas que publica diariamente no xornal do Faro.



Fixo para o colexio unha caricatura de Ramón Otero Pedrayo.
Este pasado verán recollía o premio 
"Trasalba trazando a Otero Pedrayo" 


Debuxou unha chalana chamada "Sequeliña". Encantounos.
Moitas Grazas por personalizar. Impresionante!!!

Fíxonos rir co seu primeiro debuxo, 
un dos personaxes máis coñecidos nas súas tiras cómicas.



Publicamos estes vídeos para que poidades desfrutar de novo 
da maxia de Luís Davila cando debuxa.

Moitas Grazas por compartir connosco o teu arte e humor.


Ao terminaren a charla firmou un cento de debuxos e pinturas que o alumnado lle acercaba.
Canta paciencia! 
Todos queriamos a súa firma como recordo persoal.


MOITAS GRAZAS

Non o deixamos marchar 
sen algunha foto de grupo para o recordo.


  

RADIO ESCOLAR
Entrevista a Luís Davila
E todavía, case sen tempo, 
dedicounos uns minutiños na Radio Escolar.
Unha representación da aula de 4º formada por Camila, Mael e Aixa, 
tiña preparadas unhas preguntas 
que Davila contestou con moito agarimo.

Un gran día a recordar para o noso alumnado.

PRENSA

Publicación de Prensa

viernes, 8 de marzo de 2024

8 de Marzo: Día da Muller.

 

MULLERES TRABALLADORAS

Esta semana, co gallo da celebración do

 Día Internacional da Muller, 

na aula de 1º tivemos as visitas de:

a farmacéutica Patricia Pazó, nai de Daniel de 1°,

a visita de Marisa, bisavoa de Matilda e Nico, que foi operaria de

 conserveira e peixeira na Praza de Abastos de Marín e 

a visita de Beatriz, peixeira da Praza de Abastos de Marín.

Máis de 50 anos traballando


 

PATRICIA, FARMACÉUTICA...........MARISA, PEIXEIRA....


BEATRIZ, PEIXEIRA.

O alumnado de 1° recibiu a visita de Beatriz, 
peixeira na Praza de Abastos de Marín.
Ademais, é unha excelente pintora. 
Ensinounos cadros rematados e sen rematar.
Deixounos abraiados!

🌸🌷🌹🌼🌻🌱🌼🌸🌹🌱🌷🌱🌻

A ANPA AIDON tamén mostra o seu apoio nesta data á igualdade para a posición da muller na sociedade, decorando con este mural as ventás da súa casa.

IGUALDADE





viernes, 1 de marzo de 2024

Visita de Patricia: Exalumna do colexio.

 O xoves, 29 de febrero, 

visitou ao alumnado de 1° a profe Patricia.

 Foi alumna deste cole.

Fixemos unha búsqueda do tesouro.

 Tíñamos que superar nove probas e o conseguimos.

Pasámolo bomba!



MOITAS GRAZAS POR NOS VISITAR