Mostrando entradas con la etiqueta xornada de convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornada de convivencia. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de junio de 2026

Feira do Libro Usado

  XII Feira do Libro Usado

6 de xuño

 Participaron nesta feira tódolos centros escolares do Concello.
 A feira, que foi na Alameda de Marín, 
encheu dun animado ambiente 
de lectores e libros o paseo, ata a hora de peche.
O numeroso alumnado e familias que visitaron a feira 
desfrutou do troco de libros
 dando unha segunda vida aos exemplares de literatura. 


Moitas Grazas a ANPA pola súa participación.

LIBROS PARA O TEMPO LIBRE!!

viernes, 22 de mayo de 2026

I Romaría Popular do Ceip Sequelo

"Romaría de Fábula" 

Vestidos con traxes tradicionais 

e facendo coincidir coa proximidade

 da Semana das Letras Galegas, despedimos 

o proxecto deste curso coa I Romaría Popular do Sequelo.

Detalliños para decorar e repartir relacionados coa figura de Begoña Caamaño, escritora sobre a que versou o manifesto que leron as alumnas de 6º para introducir a I Romaría Popular do Sequelo.

Comezamos a festa nas aulas ataviados
cos traxes tradicionais galegos.



Preparado e ensaiado o alumnado na clase de música 
deleitou aos asistentes cuns cantares galegos cos que 
animaron a Romaría.




Infantil - A formiguiña


1°ciclo - O xogo da Carrasquiña



2° ciclo - Aire (Tanxugueiras)

4°/5°/6° - A virxe de Portobello

Actuación sorpresa!
Magníficas!!



Todos xuntos cantamos a coro "4 vellos mariñeiros"

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
 Continuamos a festa bailando.


  Puidemos bailar todos algún paso da muiñeira
 grazas á música que con agarimo dedicounos
 o grupo de gaitas, "Os de Marín"

Como nas antigas romarías que recordamos, nesta tamén houbo moitos petiscos e doces, aportados polos asistentes,
manteis na herba, bancos de madeira e ata unha hamaca.



Moitas Grazas á todos por participar
e en especial á ANPA
 pola súa colaboración!

ATA A PRÓXIMA ROMARÍA!


martes, 19 de mayo de 2026

Xornada Intercultural no Barrio de San Pedro

"FACENDO BARRIO"

Unha actividade intercentros, coa colaboración das ANPAS,
 no Barrio de San Pedro para facer comunidade.
Obradoiros e xogos para a cativada e as familias.

 Os riquísimos postres, galletas, doces 

que compartiron as familias foron as delicias dos asistentes.



Música, cantareiras, tambores, muiñeiras...

Un encontro intercultural para repetir.

lunes, 18 de mayo de 2026

Día das Familias

 Familias de Infantil

O venres día 15 de maio recibíamos no noso colexio
 ás familias do alumnado de Infantil
 que nos acompañou na celebración desta data.
No patio das columnas onde o alumnado de Infantil fai o recreo, tiñan as profes preparados uns recantos con xogos e diversión para desfrutar xuntos cos papis e as mamis.


 Foi unha xornada para nos pintar, xogar xuntos e merendar.


Gracias por acompañarnos!!

sábado, 21 de junio de 2025

Fin de curso na Granxa de Briz

 XORNADA DE CONVIVENCIA

O último día do curso, venres 20 de xuño, 
desprazámonos andando ata a Granxa de Briz 
para compartir unha xornada de xogos todo o colexio.

Despois da primeira tanda de xogos tocaba 
Merendola e Tempo de Lecer

 



 

Que ben o pasamos!!



Os distintos cursos foron rotando polos xogos
 compartindo emocións.


 


 
Moitas grazas á ANPA polo seu apoio e 
ás monitoras polo seu gran traballo.

Feliz Verán!!!