Mostrando entradas con la etiqueta a festa dos maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta a festa dos maios. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2026

"Versos que Florecen"

 Letras Galegas 


Para conmemorar a Semana das Letras Galegas 
e poñer en valor a nosa lingua galega,
celebramos esta data con versos. 
Fixemos unha xuntanza na granxa de Briz cos outros colexios do concello e plantamos versos colgándoos das árbores.


Logo de colgar as sementes dos versos 
desfrutamos dalgúns momentos e rincóns da granxa.


 

Poidemos desfrutar de varias actuacións:

Grupo "Armadanzas"

...e gardando a tradición de anos anteriores, os alumnado do Sequelo cantou o Maio polo día da Ascensión.


 
...un Maio revestido de versos, 
de verbas galegas para florecer nesta primavera de maio.



Colgamos os nosos haikus de papel biodegradable 
para espallar sementes de poemas en galego.

lunes, 4 de mayo de 2026

Xa chegou o Maio!

 A Festa dos Maios

Nas vésperas do 1º de maio, a tradicional faena de recompilar flores, fiuncho, pampullos... 
fixo posible a construción do maio,
obradoiro que ocupou gran parte da xornada escolar 
e da tarde do 30 de abril.

Os ensaios das músicas para as distintas embarcacións e do Maio encheron de cantos un ano máis o noso colexio.


Foi un traballo conxunto que se levou a cabo co alumnado de tódalas titorías para coñecer primeiro a tradición, e logo para participar como xa é costume no concurso de Maios da nosa vila;
 contando en especial co gran apoio das familias.

Mural feito nas titorías de Infantil sobre a tradición dos Maios.

Maio

"MARIÑEIRO"



 

3º premio á Coroa
3º premio á Letra

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

Barcos de pesca no mundo dos Maios

Bateeiro

"O ARNEIRÓN"



Moitas grazas ao constructor 
por esta magnífica réplica do bateeiro para o Sequelo.

Distintos momentos do remate da cuberta 
e pintura polo alumnado de 6º.

 


Copla do Bateeiro


Premio especial por participar a primeira vez.
2º premio á Letra
3º premio á Interpretación

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻


Embarcación
"XIANA"



1º premio á Letra


Grazas a todos os que nos axudaron
 a manter a tradicional festa dos Maios,
en especial ás familias que nos acompañaron e á ANPA. 

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

"Xa arrecende a fiuncho,
o amarelo dos pampullos 
enche o noso patio 
e pronto cubrirá o maio do Sequelo!"
poema dunha das nosas mestras
                       🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

miércoles, 30 de abril de 2025

Celebrando o Maio e as Embarcacións

1. Véspera da Festa dos Maios en Marín

Coma xa é tradición no noso Sequelo,
alumnado, mestres e familias 
xuntámonos para vestir o Maio,
preparar embarcacións e
para cantar as coplas.


Facendo o Maio...


Fiuncho, pampullos...



Cosendo laranxas...





Mañá e tarde...

 

 

 

Grupo de ex-nais e ex-alumnas 
que acuden cada ano para vestir o Maio.

Mantendo as Tradicións

 
As bandeirolas do "Mil Primaveras" levan motivos relacionados co proxecto deste curso: "Galicia polo Mundo"

🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹
🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹

 Cantando as coplas pola mañá no Sequelo

Embarcacións: "Xiana" e "Mil Primaveras"








 Estes foron os últimos ensaios 
antes do concurso do 1 de maio.

MOI BEN CANTADOS!!!

XENIAL!!

🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹
🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹

2. Festa dos Maios en Marín

1 de maio
Alameda de Marín
 
Maio do Sequelo

 
Embarcación "Mil Primaveras"


 

      Maio do Sequelo                             Embarcación"Xiana"

🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹

PREMIOS 
NO CONCURSO DOS MAIOS 2025 

"Maio Mariñeiro Sequelo"
  • 1º PREMIO pola LETRA 
  • 3º PREMIO pola INTERPRETACIÓN 
---------------------------------------------
Embarcación " Mil Primaveras"
  • 1º PREMIO pola LETRA 
  • 2º PREMIO pola INTERPRETACIÓN 
  • 1º PREMIO pola CONSTRUCIÓN
---------------------------------------------
Embarcación " XIANA"
  • 2º PREMIO pola LETRA 
  • 3º PREMIO pola INTERPRETACIÓN 
------------------------
🌸🌹🌷🍁🍀🍂🍊🌼🌻🌺🌹  
 


 

Noraboa polo vosa grande aportación
 á tradicional 
Festa dos Maios.