Recompilación de traballos realizados polo Día Internacional da Muller 2023. Premede na imaxe para ver o vídeo.
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
viernes, 17 de marzo de 2023
martes, 7 de marzo de 2023
Día Internacional da Muller 2023. As nosas mulleres coidan o noso planeta: Instalamos dúas caixas-niño.
Esta semana, coincidindo co "Día Internacional da Muller" tivemos a sorte de que unha mamá técnico-forestal, viñese ao noso colexio para colocar dúas caixas-niño nas árbores que rodean o centro.
Ademais esta actividade sirveunos tamén para:
- Concienciarnos da importancia do coidado dos montes.
- Informarnos dos pasos que debemos seguir se provocamos ou vemos un incendio.
- Recordar que nos montes hai lixo e moitas cousas que non deberían formar parte dese entorno...
Previamente, os nenos/as de Infantil, fixeron uns comedeiros con laranxas. Esperemos que aniñen os paxariños!
Moitas grazas pola visita, aprendemos moito, seguiremos facendo mais comedeiros e coidaremos o monte.
miércoles, 1 de marzo de 2023
Día Internacional da Muller 2023. As nosas mulleres protexen e coidan o noso planeta
Ademais das mulleres citadas na entrada anterior, tamén hai mulleres cercanas a nós que diariamente, co seu traballo protexen e coidan o noso entorno, e deste xeito protéxennos a nós e o noso planeta.
Por iso dedicaremos esta data ás nosas mulleres (nais, aboas, familiares, coñecidas…) coñecedoras dos nosos campos, cultivos, xardíns, montes, medio ambiente… (desde traballadoras do campo, ou coidadoras do seu xardín ata inxeneiras forestais ou especialistas en medioambiente) que nos virán contar a súa experiencia.
martes, 28 de febrero de 2023
Día Internacional da Muller 2023. Mulleres que protexen e coidan o noso planeta
Este ano seguindo a temática do PDI "Protexo o meu planeta!, Protéxome eu!" imos investigar sobre mulleres que dedican a súa vida a protexer o noso planeta coa defensa do medio ambiente en distintos ámbitos: vida animal, defensa dos océanos, desenvolvemento sostible, activistas polo cambio climático...
Sabedes quen son e que fan (ou fixeron) estas mulleres: Jane Goodall, Berta Cáceres, Rachel Carson, Dian Fossey, Wangari Maathai, Greta Thunberg...
- Documental RTVE: Mulleres activistas polo medio ambiente
- Páxina de Iberdrola: As mulleres e a súa loita por protexer o medio ambiente
- Revista Muy Interesante: Mulleres defensoras do medio ambiente
- Páxina Welife: As 7 defensoras do medio ambiente máis influintes da historia
.png)
