Mostrando entradas con la etiqueta maio 2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maio 2014. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de abril de 2014

Maio do coro da Residencia da Terceira Idade de Marín

O coro da Residencia da Terceira Idade de Marín compartiu con nós esta celebración cantando o seu maio, gustounos moito que se sumaran a nosa celebración. Desde aquí o noso agradecemento.

"Maio Tradicional". Alumnado de 4ºA e 6ºB

Os nen@s de 4º A guiados polos seu mestre, profudizaron nas tradicións máis antigas das Festas dos Maios en Galicia, recuperando a melodía tradicional antiga  e as coplas hexasílabas da Festa dos Maio en Marín. Distintas as que estamos acostumados, pero unha ledicia escoitalos.
Aproveitamos para dar as grazas a Dona Queta Molas, que tivo a amabilidade de ensinarnos esta melodía tradicional.

"Maio do Sequelo". Realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º cantaron "O Maio" composto coas coplas que eles inventaron na clase de música.

jueves, 24 de abril de 2014

Héctor Silveiro falando dos Maios de Vilafranca do Bierzo

Héctor Silveiro, académico da Real Ademia Galega por Vilafranca do Bierzo e mestre no CPR San Narciso, estivo cos nen@s do cuarto curso, reforzando o proxecto sobre os maios que están a realizar, para falarlles dos maios tradicionais de Vilafranca do Bierzo, (Maios Humanos). 


jueves, 10 de abril de 2014