Mostrando entradas con la etiqueta coplas maio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coplas maio. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de abril de 2025

Fai a túa copla do Maio

"O MAIO"

 Enviado por josean o Mar, 01/04/2025 - 23:07

Se ademais de elaborar a túa maqueta de Maio e do traballo que fagamos sobre a festa nas aulas, nos queres mandar a túa copla personal, estaremos encantados de publicala na nosa páxina web e incluíla na exposición que o Ateneo promove no Museo Torres. 

Pídesennos que teñan, como o ano anterior, 5 ou 6 estrofas.

Podedes mandala a cepsequelo@gmail.com e como tódolos anos deixámosvos este manual que nos guía na realización dunha copla de maio coherente e ben estructurada.

 

miércoles, 5 de mayo de 2021

A festa dos maios 2021

Así traballamos este curso esta tradición tan arraigada na nosa vila, intentando que se asemellase o máis posible a como tiña costume ser. 

Agradecemos a colaboración da ANPA, sen a súa axuda non sería posible ter estes dous maios tan feitiños.

A festa dos maios 2021 no CEP Sequelo de Mercedes González

viernes, 16 de abril de 2021

Maios 2021

Deixámosvos a melodía tradicional coa que se acompañan as coplas do maio; son unhas coplas que se cantaron algúns cursos atrás. Fixádevos tamén no acompañamento rítmico.

Se queredes saber máis sobre os maios deixámosvos tamén o enlace da recompilación que se fixo con todo o que se traballou o curso pasado, alí atoparedes: manuais para facer as complas dos maios e dos barcos, varios exemplos feitos polos vosos compañeiros, unha pequena historia da festa dos maios...

"Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"


domingo, 3 de mayo de 2020

Maio 2020 dende a casa: Recompilación da proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"

Este ano a "Festa dos Maios" foi ben distinta de outros anos, non houbo maios físicos pero si moitos "maios virtuais" e moitas coplas que facían referencia á situación que estamos a vivir. 
Desde o colexio lanzamos a proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo" e tivo unha gran aceptación como podedes comprobar neste recompilación de todos os traballos que mandastes.

domingo, 19 de abril de 2015

miércoles, 30 de abril de 2014

Maio do coro da Residencia da Terceira Idade de Marín

O coro da Residencia da Terceira Idade de Marín compartiu con nós esta celebración cantando o seu maio, gustounos moito que se sumaran a nosa celebración. Desde aquí o noso agradecemento.

"Maio Tradicional". Alumnado de 4ºA e 6ºB

Os nen@s de 4º A guiados polos seu mestre, profudizaron nas tradicións máis antigas das Festas dos Maios en Galicia, recuperando a melodía tradicional antiga  e as coplas hexasílabas da Festa dos Maio en Marín. Distintas as que estamos acostumados, pero unha ledicia escoitalos.
Aproveitamos para dar as grazas a Dona Queta Molas, que tivo a amabilidade de ensinarnos esta melodía tradicional.

"Maio do Sequelo". Realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º cantaron "O Maio" composto coas coplas que eles inventaron na clase de música.

jueves, 10 de abril de 2014

domingo, 5 de mayo de 2013

jueves, 2 de mayo de 2013

Cantando o maio 2013

Os nen@s de 4º, 5º e 6º cantando o maio a víspera do 1 de maio como ensaio para participar no concurso da vila. Por certo que obtiveron o segundo premio pola letra.

NORABOA RAPACES

domingo, 28 de abril de 2013

Os Maios

Se queredes saber un pouco máis sobre os maios, aquí tendes esta historia dos maios no noso colexio a través dos anos.
.

viernes, 26 de abril de 2013

Coplas do maio 2013

Os nen@s de 4º, 5ºe 6º elaboraron moitísimoas coplas para o maio, ahí tendes unha mostra delas.