Estimados/as nais, pais, titores/as e alumnos/as:
Neste curso estamos organizando diversas actividades coordinadas polo Equipo
de Dinamización da Biblioteca do centro con motivo da celebración do 40 aniversario
da apertura do colexio, no curso escolar 1973/74.
Unha das
principais actividades contempladas neste proxecto conmemorativo chamado Proxecto
Documental Integrado “40 anos de Escola” consiste nunha exposición que
poderá ser visitada por Vdes. entre os días 2 e 13 de xuño, en horario de 13:10
a 14:00 horas, é dicir, na última sesión da xornada lectiva.
Na
exposición poderán visitar diversas dependencias do colexio nas que figuran os
traballos realizados polos nosos alumnos con motivo deste aniversario e diverso
material escolar antigo, desde libros de texto, lectura e consulta, ata mapas,
material de ciencias e tecnoloxía e outras curiosidades da época.
Tamén poderán visitar as dependencias do
centro equipadas co material informático máis moderno, como as aulas Abalar e
as equipadas con pizarras dixitais, xa que o que se pretende con esta
actividade é amosarlles a evolución da escola desde as últimas décadas do
século pasado ata a actualidade.
Esperando contar coa súa presenza, reciban un
cordial saúdo.
Asdo.: Rafael Martínez
Martí, director