A Emigración galega: "Galicia polo Mundo"

 De Marín a América
U.S.A.

"The Inmigrant"

Charles Chaplin

Datos facilitados polo profesor Jose Antonio sobre a emigración de galegos dende o porto de Marín, entre outros, ata América.

En USA, os de terceira antes de entrar eran confinados na Ellis Island. De Marín houbo un fluxo migratorio continuo durante a primeira guerra civil por mor da necesidade de man de obra nas fábricas e pola venta de barcos de pesca para seren utilizados como patrulleiras polos países en guerra. Para saír da Ellis Island tiñas que ser  reclamado por alguén que che asegurase un traballo e vivenda. Os de Marín maiormente domiciliábanse en 9th Water Street, 319 Water Street.






Na mellor epoca chegaron a coincidir distintas liñas europeas e é difícil de contabilizar o fluxo porque moito era oculto:  había unha liña que percorría a costa española do País Vasco a Cádiz, con parada en Marín. Logo en Cádiz facíase transbordo aos barcos que ian a América. Outra forma de entrar nos USA era enrolarse como mariñeiro na mercante e logo cando o barco atracaba en USA, abandonalo.




Na Habana esa función realizabaa o campo de Concentración de Triscornia, nel un altofalante lembraba constantemente: "El que no tenga entidad o persona solvente en la Habana que responda por él, será deportado sin demora a su país de origen"

Artigo feito coa colaboración do profesor Jose Antonio

No hay comentarios:

Publicar un comentario