miércoles, 17 de junio de 2026

Certame de Ponte nas Ondas

 

1965 Á Ghancha 

na enseada de San Simón

Foto compartida por Carol Fernández Solla  de 4 EI. 


Mariscando á ameixa dende lanchas
 na enseada de San Simón nos anos 60.

1965 À Ghancha na enseada de San Simón

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏



Concurso: Patrimonio de Ponte nas Ondas

 

1968 Miss Marin

A alumna, Eire Veiga Camino de 5º de Primaria participa
 no concurso de  Patrimonio Ponte Nas Ondas
coa imaxe, "Nomeamento de Miss Marin en 1968" e seguinte podcast.
 

Ponte nas Ondas

 O segundo podcast do 9º certame

 Ponte nas Ondas de Podcast de 1968

 por mor da inauguración da droguería Mar en Estribela 

da avoa de Rula Louzao Muñiz de 3º





Sombra e Zumos na Praza da Amizade

 O alumnado de Infantil desfrutando 

da recén inaugurada "Praza da Amizade"

Sombra, zumos e boa compañía.
Moitas Grazas, profes por estes entrañables momentos!!

Contos do Muíño

 Contos do Muiño

 Contos tradicionais galegos contados polos nenos de 5º.

martes, 16 de junio de 2026

12 Contos para 12 Meses

O Galego Conta

Calendario produto da PDI con 12 contos de animais tipicamente galegos, creado a partir das IA que é onde os nenos contan os contos.

Baseado no libro da doutora Camiño Noia, 

do que recollemos a información destes contos. 





Galería de Arte: "Viaxe á Creatividade"

Dous libros de arte feitos en plástica coa mestra Eva.



Mural no corredor de 1º ciclo de Primaria
 cos traballos feitos polo curso de 2º


Sodes moi grandes artistas!!!




lunes, 15 de junio de 2026

Contos de hai 2000 anos

 Os Parábolas do Mestre

O alumnado do 3º Ciclo de Primaria que asiste a clase de Relixión preparou durante o 3º trimestre dous teatriños con tapóns de cortiza.
Durante o Tempo de Lectura do venres pasado
 fixeron o contacontos para 1º e 6º de Primaria na Biblioteca.


Parábola da" Ovella Perdida"


Parábola do "Bo Samaritano"


Encantounos!!

MOITAS GRAZAS

Acción Poética


Acción Poética é un movemento artístico 

que transforma as rúas en lenzos de palabras e emocións. 

Esta expresión única combina a poesía, 

a prosa e o arte para plasmar mensaxes conmovedores. 





A patrulla na Radio-Tuxiña

 Hoxe o alumnado de 5⁰ entrevistou

 a dous compoñentes da patrulla de patio 

para que lles explicasen a súa experiencia

 ao formar parte deste equipo.





...é unha gran experiencia!!!

viernes, 12 de junio de 2026

Hervé Tullet: "Un Libro"

 Contacontos por Sam


Sam, alumno de Primaria contando un conto adaptado por el, 
 a través da lectura de pictogramas.

Lectura con pictogramas

jueves, 11 de junio de 2026

Praza da Amizade


Hoxe  a comunidade educativa do cole estivo de celebración. Inauguramos a Praza da Amizade!

Como testigo da celebración, 
unha placa de madeira dalle nome á nosa praza da Amizade.


" Hai un amigo en mi"

Versión feita para a ocasión a partir da banda sonora da película de Disney de "Monstruos S.A."




Artigo de prensa do Diario de Pontevedra



Moitas grazas a todos/as por facelo posible,
en especial a nosa ANPA!!

lunes, 8 de junio de 2026

Lecturas Compartidas

Formación de Usuarios
EDITORIAIS

O alumnado de 3º de Primaria visita a Biblioteca
 para compartir lecturas e relatos de ficción. 
Despois dunha breve introducción na clase 
sobre o labor das editoriais na creación dos libros, dedicamos o tempo de lectura na Biblioteca lendo libros en galego de dúas editoriais moi coñecidas en Galicia,
 -OQO e Kalandraka-
 das que a nosa Biblioteca ten na súa colección numerosos exemplares.


Noutra ocasión continuaremos coñecendo outras editoriais.

sábado, 6 de junio de 2026

Feira do Libro Usado

  XII Feira do Libro Usado

6 de xuño

 Participaron nesta feira tódolos centros escolares do Concello.
 A feira, que foi na Alameda de Marín, 
encheu dun animado ambiente 
de lectores e libros o paseo, ata a hora de peche.
O numeroso alumnado e familias que visitaron a feira 
desfrutou do troco de libros
 dando unha segunda vida aos exemplares de literatura. 


Moitas Grazas a ANPA pola súa participación.

LIBROS PARA O TEMPO LIBRE!!

viernes, 5 de junio de 2026

Nova Aula de Xogos

 O alumnado xa vai coñecendo a nova aula de xogos
 habilitada no piso de arriba.
O curso que vén esperamos poñela en marcha 
para que nos recreos, 
sobre todo os de choiva, 
poidamos ter un espazo
 no que compartir experiencias xuntos.