Este ano para conmemorar o Día do Libro propoñémosvos un miniproxecto "Moito conto" arredor dos contos; que consiste en que cada clase elixa un conto e traballe sobre el de diversas formas:
- Buscar información sobra a súa orixe
- Darlle outro final
- Añadirlle ou quitarlle personaxes
- Cambiar a localización
- Transformalo en cómic
- Mezclalo con outro conto
- Fixarse máis na ensinanza que se deduce que na propia historia
- Relacionalo dalgún xeito co proxecto que estamos a traballar este curso "Marín sabe a mar"
- En fin, todo o que se vos ocurra...
Posteriormente recolleremos o traballado nunhas tiras ilustradas que se expoñeran na biblioteca, e partindo delas cada grupo expoñerá aos demais o seu traballo.
Por se vos sirven de axuda deixámosvos varias páxinas de interese relacionadas cos contos.
- Selección de contos da web "Mundo primaria": http://www.mundoprimaria.com/cuentos-infantiles-cortos/
- "Cuentos infantiles.net": http://www.cuentosinfantiles.net/
- "Cuentos infantiles. A dormir.com", aquí tamén podedes atopar información sobre os autores: http://www.cuentosinfantilesadormir.com/
- "Rincón castellano", contos clasificados por autor, onde podedes atopar información sobre os autores: http://www.rinconcastellano.com/cuentos/index.html
- "Lectura na rede", blog creado polo equipo da biblioteca do CEIP Isaac Peral de Ferrol, no que podedes atopar ademais de contos todo tipo de lecturas e actividades multimedia: http://lecturanarede.blogspot.com.es/
- "Galicia Encantada", os nosos contos, lendas, historias de tradición oral: http://www.galiciaencantada.com/categorias.asp
No hay comentarios:
Publicar un comentario