miércoles, 15 de septiembre de 2021

Benvida ao curso 2021-2022

Hola nenos e nenas, benvidos a un novo curso cheo de novidades na biblioteca do CEP Sequelo. 

Estamos no PLAMBE, que nos permitirá renovar e actualizar os fondos da Biblioteca e o mobiliario. 

Ampliamos a biblioteca que agora é máis espazosa e luminosa, e incluso ten unha rampla para facela máis accesible. 

Iniciaremos un novo PDI arredor dos inventos e descubrementos que titulamos "Inventos que cambian o mundo", do que xa vos informaremos máis adiante.

Birlo, a mascota da Biblioteca que xa coñecedes, está ansioso por saudarvos e por ensinarvos como quedou a súa casiña... esperamos que vos guste e que disfrutedes e aprendades moito con todo isto.

Un saúdo, vémonos pronto aquí, na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario