Como explicamos de na entrada anterior este curso empezamos traballando unha das tradicións máis arraigadas no nosa vila a festividade de San Miguel e a danza que se baila nesta data "A danza de espadas".
Foi unha proposta que nun principio partiu da ANPA Aidón, con intención de facelo dun xeito informal, pero que nos veu moi ben para empezar a facer noso o lema elexido para as bibliotecas este curso "A biblioteca escolar ten a palabra", poñendo o foco na palabra e na oralidade.
Así que propuxemos ao noso alumnado que preguntase ao que tiña máis preto, ás fontes orais: avós, pais, amigos, veciños... recollendo toda esta información.
Recuperamos deste xeito a utilización da biblioteca, como lugar de encontro, despois do parón do curso pasado derivado da situación producida pola COVID, e de restreno tras as obras que se realizaron a fin de curso.
O noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades.
Deixámosvos a recompilación de como se desenvolveu toda a proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario