Este ano conmemoraremos esta data co lema:
💜"Alza a túa voz!"💜
Faremos pequenos carteis nos que o alumnado expresará a súa opinión poñendo unha palabra, sentimento, frase... alusivas á data. Todos os carteis colgaranse polos corredores.
Como traballo nas aulas propoñemos:
💜Para os máis pequenos o conto "Rosa caramelo" de Adela Turín.
A partir do cal podedes facer as seguintes reflexións:
- Como é o lugar donde viven os elefantes?
- Como é o lugar onde viven as elefantas?
- Por que as elefantas non eran felices?
- Que fixo a elefanta que era diferente?
- Que farías ti se foses unha elefanta rosa?
- Que che parece o final do conto?
- Esperabas que rematara así?
- Que che gustou máis da historia?
- Que aprendiches con esta historia?
💜Para o resto do alumnado propoñemos reflexionar a partir destes dous vídeos, facéndonos as mesmas preguntas que lles fan a estes/as nenos/as. Que responderiamos nós?
No hay comentarios:
Publicar un comentario