lunes, 6 de diciembre de 2021

Inventos que facilitan a vida das persoas con discapacidade

Conmemoramos o 3 de decembro o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" investigando un pouco sobre os inventos que facilitan a vida a estas persoas, seguindo co noso PDI "Inventos que cambian o mundo".

Con todos os que atopamos fixemos un gran mural, e aprendimos como todos estes inventos, descubrementos e tecnoloxías fan máis fácil que o día a día destas persoas; e a importancia de seguir investigando para que estas persoas melloren a súa calidade de vida.

 Tamén recordamos algunhas das frases que nos deixou na súa entrevista, o pasado 20 de outubro,  a atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario