Un exalumno visita a clase de 3º
Con motivo do 50 Aniversario do noso CEIP SEQUELO
a clase de 3º recibíu unha visita.
A cousa empezou así:
- Os nenos e nenas de 3° buscan persoas que lles veñan a contar como era o cole e o Río Lameira.
- O exalumno, Aaron respondeu á petición e veunos contar como era o colexio hai 25 anos:
Cando chovía moito o río desbordaba e inundábase o colexio.
Perdiamos a 1ª e 2ª sesións de clase.
Ás veces perdiamos o día enteiro.
Explicounos que no entroido participaban no concurso de disfraces do concello
e que nunha ocasión a súa clase gañou o premio ao mellor disfraz.
Tamén facían no cole, un concurso de filloas.
O 21 de marzo celebraban o día da árbore e plantaban unha árbore.
Emocionámonos coa auga e o barro quedou moi, moi, moi brando e non se podía modelar. Acabamos cheos de barro e alguns e algunhas conseguimos rematar a tarefa. Pero non nos importou, foi moi divertido traballar co barro e manchámonos un montón.
E ti, queres vir á nosa clase???
No hay comentarios:
Publicar un comentario