viernes, 8 de marzo de 2024

8 de Marzo: Día da Muller.

 

MULLERES TRABALLADORAS

Esta semana, co gallo da celebración do

 Día Internacional da Muller, 

na aula de 1º tivemos as visitas de:

a farmacéutica Patricia Pazó, nai de Daniel de 1°,

a visita de Marisa, bisavoa de Matilda e Nico, que foi operaria de

 conserveira e peixeira na Praza de Abastos de Marín e 

a visita de Beatriz, peixeira da Praza de Abastos de Marín.

Máis de 50 anos traballando


 

PATRICIA, FARMACÉUTICA...........MARISA, PEIXEIRA....


BEATRIZ, PEIXEIRA.

O alumnado de 1° recibiu a visita de Beatriz, 
peixeira na Praza de Abastos de Marín.
Ademais, é unha excelente pintora. 
Ensinounos cadros rematados e sen rematar.
Deixounos abraiados!

🌸🌷🌹🌼🌻🌱🌼🌸🌹🌱🌷🌱🌻

A ANPA AIDON tamén mostra o seu apoio nesta data á igualdade para a posición da muller na sociedade, decorando con este mural as ventás da súa casa.

IGUALDADE





No hay comentarios:

Publicar un comentario