viernes, 22 de marzo de 2024

Día da Narración Oral: Soledad Fellosa

 Día da Narración Oral

Visita de Soledad Fellosa

O mércores coincidindo co Día Mundial da Narración Oral contamos na Biblioteca do Noso Colexio con Soledad Fellosa, entre outras moitas cousas, directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica con sede na Coruña.  A súa presenza atopábase englobada dentro da formación do Proxecto Radio na Biblioteca no que o noso centro se atopa inmerso.

 Con Soledad os nenos aprenderon da importancia da posición corporal na radio e en toda expresión oral, de cara a obter un bo sinal auditivo. 

Tamén comentou como afectan os ruídos externos e as posturasda cabeza no son.  Continuou con práctica de presentación e lectura de contos e remataron cun baile grupal e actividades de relaxación para traballar as cordas bucais. Agora só queda levar á práctica todo o aprendido.









No hay comentarios:

Publicar un comentario