martes, 30 de abril de 2024

Aí ven o Maio...

 CANTANDO OS MAIOS

Día 1 Maio: Festa dos Maios

Pola mañá na alameda
Acompañados polo profesor Jose Antonio e as familias
o alumnado do Sequelo cantou o Maio

A coroa do Maio luce un 50 en flores vermellas
como recordo do 50 Aniversario do noso colexio



Pola tarde no Multiusos da Vila



Cantando a Embarcación "Antonio Rodríguez"


Cantando o Maio no concurso
Eloy de 6º como solista

🌸🌸🌷🌷🌷🌷🌹🌹🌹🌿🌿🌿🌿🌿🌼🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌺🌺🌻🌻🌼🌼🌸🌸🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌿🌿🌾🌾🌾🌾🌾🌾

🌸🌸🌷🌷🌷🌷🌹🌹🌹🌿🌿🌿🌿🌿🌼🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌺🌺🌻🌻🌼🌼🌸🌸🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌿🌿🌾🌾🌾🌾🌾🌾

PREPARATIVOS PREVIOS

 PARA A TRADICIONAL FESTA DOS MAIOS

E para poder cantar o 1 de Maio...

  • Mes de abril: Creación das coplas e ensaios da música e coreografías da man do mestre Jose Antonio e da mestra de música, Montse: Cantar dos maios e das embarcacións.


  • Xoves 25 de abril: A profe Merchi, colaboradora durante moitos anos na organización dos maios do centro, acudiu un ano máis a perfeccionar a técnica do coro do maio Mariñeiro.
  • Martes 30 de abril: Pola mañá alumnado e profesorado cosen para o maio as flores e pampullos e se interpretan para todo o colexio as coplas do Maio e Embarcacións.

E como a choiva non deixou cantar o Maio no patio, 
xuntámonos na Biblioteca.



Na tarde do día 30 vístese o Maio 
coa colaboración da ANPA AIDON 
e das familias voluntarias...


Visita de Ramón, ex profesor do noso centro, 
para a axudar na confección do Maio.

NORABOA POLO GRAN TRABALLO
DE MANTER A TRADICIÓN
E POLOS PREMIOS RECIBIDOS

🌸🌸🌷🌷🌷🌷🌹🌹🌹🌿🌿🌿🌿🌿🌼🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌻🌺🌺🌻🌻🌼🌼🌸🌸🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌿🌿🌾🌾🌾🌾🌾🌾

No hay comentarios:

Publicar un comentario