miércoles, 17 de abril de 2024

Orientación na Granxa de Briz

 Xincana de Orientación en Briz


O mércores día 17 de abril o alumnado de 3º, 4º e 5º
 desfrutamos dunha mañá en Briz 
grazas a unha proposta feita polo concello.

Polas beiras do Río Lameira fixemos o camiño ata a granxa.

Monitores da empresa Xesta Natureza 
tiña preparada unha xincana
pola finca e o parque de Briz.
Coa axuda dos mapas 
buscar as balizas e fichar ata completar a xincana
 foi un xogo ben divertido, 
un reto de grupo que todos remataron con éxito.

Percorrer os camiños de terra a carón do Lameira,
entre a vexetación, as fontes, os paxaros e regatos,
foi toda unha aventura, que fixo para máis de un,
que a volta ao colexio gustara tanto como a marcha.





QUE BEN O PASAMOS!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario