BIBLIOTECA "LUÍS DAVILA"
Era moita a ilusión entre a rapazada e profesorado por coñecer a Luís Davila.
O noso padriño veu cargado de regalos.
Foi toda unha sorpresa.
Regalounos unha lámina preciosa dun Gaiteiro.
Un cadro fermosísimo cheo de cores e música que colocaremos nun lugar ben visible da Biblioteca.
Regalounos tamén un lote enteiro de libros de banda deseñada:
unha recompilación dalgunhas das tiras cómicas que publica diariamente no xornal do Faro.
Fixo para o colexio unha caricatura de Ramón Otero Pedrayo.
Este pasado verán recollía o premio
"Trasalba trazando a Otero Pedrayo"
Debuxou unha chalana chamada "Sequeliña". Encantounos.
Moitas Grazas por personalizar. Impresionante!!!
Fíxonos rir co seu primeiro debuxo,
un dos personaxes máis coñecidos nas súas tiras cómicas.
Publicamos estes vídeos para que poidades desfrutar de novo
da maxia de Luís Davila cando debuxa.
Moitas Grazas por compartir connosco o teu arte e humor.
Ao terminaren a charla firmou un cento de debuxos e pinturas que o alumnado lle acercaba.
Canta paciencia!
Todos queriamos a súa firma como recordo persoal.
MOITAS GRAZAS
Non o deixamos marchar
sen algunha foto de grupo para o recordo.

RADIO ESCOLAR
Entrevista a Luís Davila
E todavía, case sen tempo,
dedicounos uns minutiños na Radio Escolar.
Unha representación da aula de 4º formada por Camila, Mael e Aixa,
tiña preparadas unhas preguntas
que Davila contestou con moito agarimo.
Publicación de Prensa
No hay comentarios:
Publicar un comentario