miércoles, 2 de octubre de 2024

Danza das Espadas de Marín

 DANZA DE ESPADAS 

29 de Setembro de 2024

Coma xa ven sendo tradición no noso colexio, 
o tema da tradicional Danza das Espadas na nosa vila
protagonizou a xornada do día 27 venres de setembro.


Vestidos de branco e con faixas de cor azul e vermello semellamos ser danzantes da festa de San Miguel.
 

Diseñar as espadas e decorar cun mural a entrada do colexio foi cousa que o alumnado de primaria preparou nos días previos á festa.
O equipo de voluntarios de Apoio á Biblioteca 
ultimou parte do mural


O alumnado de 5º e 6º de Primaria que asisten á clase de Relixión  completou o mural da Tradicional festa patronal de San Miguel facendo unha pequena danza das espadas con cartolina e corda, utilizando as cores azul e vermello que caracterizan aos danzantes. 


O esforzo dos danzantes por acompañar as figuras da danza co baile ao son da música que o grupo 
"GHARABOTO-OS DE MARÍN"
interpretou para todos nos, conseguiu facer chegar a esencia da tradición ao alumnado. 
Moitos deles miraban por primeira vez a danza. 
 

Algúns momentos da nosa danza das espadas

 




Moitas Grazas a todos os participantes en especial ao grupo
"GHARABOTO-OS DE MARÍN"
polo acompañamento musical.



No hay comentarios:

Publicar un comentario