Biblioteca Luís Davila do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
Páginas
Páxina principal
Axuda para o estudo
Crea ti mesmo
Radio na biblio. "Banco de Recursos "
Para saber máis
Sitios de interese
Coñece a nosa Biblioteca
NORMAS DA BIBLIOTECA
NORMAS DE EMPRÉSTITO
viernes, 31 de enero de 2025
Inauguración do Proxecto: "21 días co Galego e +"
GALEGO
A NOSA LINGUA
Inauguramos hoxe, 31 de xaneiro,
o proxecto "21 días co Galego e +" coa final da contra atrás.
Relacionouse o este proxecto co PDI " Galicia polo Mundo" o noso proxecto interdisciplinar de centro.
Tivemos a visita do grupo de gaitas "Os de Marín". Acompañáronnos coa súa música durante o acto, es especial durante o cantar do Himno Galego.
Comezamos todos xuntos no patio do colexio facendo unha conta atrás para o comezo do proxecto.
Ideouse a comparación entre a botadura dun barco
(o do barco polos galegos que marchaban na emigración) e
a benvida que lle damos a este proxecto para sentir e falar a lingua galega porque é nosa.
Os pequenos cantaron "O galo canta" e os maiores unha adaptación dun cantar popular de Reis.
Na fachada principal do colexio un mural relacionado co PDI recorda a migración de Galicia noutros tempos.
O compromiso de falaren galego durante os 21 días e +
é a intención deste proxecto.
Os obradoiros, actividades conxuntas e cantares destes 21 días de febreiro serán un trampolín para desfrutar falando en galego.
Na entrada principal do noso colexio colocouse un mural
cunha gran bóla do mundo onde arredor pegamos corazóns cheos desexos positivos, deixando fóra as queixas para empezar positivamente neste proxecto.
Curso a curso foron pasando e pegando
as súas palabras positivas.
Para rematar estes momentos de ilusión pola nosa lingua,
un a un foron atravesando unha cortina colocada no corredor principal a modo de porta.
Unha cortina como a bandeira de Galicia
coa que selamos o compromiso de falaren galego.
GALICIA POLO MUNDO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario