viernes, 9 de mayo de 2025

A Maleta da Emigración

 Unha Maleta Máxica

E se puideras levar a Galicia nunha maleta...
Que meterías?


Miles de galegas e galegos emigrados 
nos tempos nos que os móbiles e internet non existían, 
 sentían unha morriña pola Terra Galega tal,
que houberan dado todo canto tiñan
 por ter unha maleta máxica,
 na que levar todas aquelas cousas da nosa Terra, 
que no estranxeiro botaban en falta,
e que tal vez, nunca volverían ter.


INVESTIGA
Escribe ou debuxa cousas típicas galegas que levarías contigo 
se tiveras que ir a vivir a outro país.


Actividade para facer en familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario