lunes, 19 de mayo de 2025

Concerto Letras Galegas 2025

 Letras Galegas

Dedicada á figura das Cantareiras 
que foron quen de manter a tradición da poesía popular oral 
coas súas pandeiretas, coas súas voces e coa festa.

O venres no colexio escoitamos cantar ao noso alumnado
 como farían elas en calquera serán.

Baixo a dirección da mestra de música 
interpretaron por cursos os seguintes cantares 
acompañados tamén dalgunha pandeireta.

Presentado por Noelía e Darío de 6º


O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria interpretou:
"A Rianxeira"


Alumnado de 5º cantando, 
"Vai dando a volta" do grupo Leilía.

Alumnado de 4º e 6º interpretando, 
"Estou cantando" do grupo Liorna.

O curso de 4º de primaria cantou o "Rap das Cantareiras",
con letra de producción propia feita na súa titoría.
Finalmente todo o alumnado de Primaria
cantou, "Vaite polo mundo" de Leilía; 
cantar relacionado coa temática do PDI
"Galicia polo Mundo"

Impresión en 3D de pandeiretas


Cantando en Galego 

ás cantareiras

Polas Letras Galegas 2025

No hay comentarios:

Publicar un comentario