Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
Blogues » blogue de josean
Por mor das Letras Galegas os vosos fillos mañá levarán do Centro un marcapáxinas feito en papel de sementes. Enchédeos cunha pequena estrofa do noso rico Cancioneiro Tradicional e achegádevos á Alameda para penduralos nas árbores dispostas a tal fin. Nesta actividade participamos as Comunidades educativas dos Centros públicos da vila.
Facede que a nosa lingua floreza!
Seguide o enlace ata o arquivo adxunto no que atoparedes unha morea de coplas para utilizar nos marcapáxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario