BIBLIO- VERÁN
Seguindo a iniciativa de empréstito de lecturas para o verán
que estreamos hai dous cursos,
a partires do luns día 16 farase dende a biblioteca
a reserva de 5 libros para lectura de verán, que recollerán o día de entrega de notas nas titorías,
e serán devoltos na primeira semana de curso,
nada máis empezar o curso 2025-2026.
As nenas e nenos que o desexen poderán facer
o empréstito dos seus títulos,
previa comunicación aos titores
e coa nota de compromiso de devolución firmada.
Nas vacacións de verán poderedes pasar tamén algúns momentos de aventuras sen vos mover do sitio.
A Nosa Mascota da Biblioteca
Tuxiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario