O Concurso Escolar E Ti, que Pensas da Igualdade?, promovido pola Deputación de Pontevedra dentro da programación prevista por mor do 8M, Día Internacional das Mulleres, ten como obxectivo fomentar a creatividade e o pensamento crítico do alumnado da provincia, ademais de analizar a súa percepción da situación das mulleres e os homes na nosa sociedade.
Na segunda edición do concurso dirixido a nenas,
nenos e mozos da provincia de Pontevedra,
resultaron premiados na categoría de 5º e 6º Individual,
os traballos en cómic de Noelia García del Río (1º premio), Martín Serrano García (2º premio)
e Desiree Buica Salazar.
Ao acto, por tal motivo, acudiu a nosa alcaldesa para facer entrega dos agasallos aos premiados do noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario