lunes, 23 de febrero de 2026

Navega con Rumbo


 A Consellería de Cultura, Educación 
e Ordenación Universitaria, en colaboración co
 Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG),  organiza o plan
 “Navega con Rumbo”. 
O obxectivo deste programa é concienciar o alumnado, 
profesorado e familias no uso responsable de Internet 
e as redes sociais, 
dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Un especialista do CPEIG achegouse esta mañá ao noso centro 
para impartir  unha sesión divulgativa
 cunha duración aproximada dunha hora
 ao alumnado de 5º de Primaria.


Actitude crítica e selectiva na Internet


No hay comentarios:

Publicar un comentario