lunes, 4 de mayo de 2026

Xa chegou o Maio!

 A Festa dos Maios

Nas vésperas do 1º de maio, a tradicional faena de recompilar flores, fiuncho, pampullos... 
fixo posible a construción do maio,
obradoiro que ocupou gran parte da xornada escolar 
e da tarde do 30 de abril.

Os ensaios das músicas para as distintas embarcacións e do Maio encheron de cantos un ano máis o noso colexio.


Foi un traballo conxunto que se levou a cabo co alumnado de tódalas titorías para coñecer primeiro a tradición, e logo para participar como xa é costume no concurso de Maios da nosa vila;
 contando en especial co gran apoio das familias.

Mural feito nas titorías de Infantil sobre a tradición dos Maios.

Maio

"MARIÑEIRO"



 

3º premio á Coroa
3º premio á Letra

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

Barcos de pesca no mundo dos Maios

Bateeiro

"O ARNEIRÓN"



Moitas grazas ao constructor 
por esta magnífica réplica do bateeiro para o Sequelo.

Distintos momentos do remate da cuberta 
e pintura polo alumnado de 6º.

 


Copla do Bateeiro


Premio especial por participar a primeira vez.
2º premio á Letra
3º premio á Interpretación

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻


Embarcación
"XIANA"



1º premio á Letra


Grazas a todos os que nos axudaron
 a manter a tradicional festa dos Maios,
en especial ás familias que nos acompañaron e á ANPA. 

🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

"Xa arrecende a fiuncho,
o amarelo dos pampullos 
enche o noso patio 
e pronto cubrirá o maio do Sequelo!"
poema dunha das nosas mestras
                       🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻🍁🌷🌹🍃🍂🍀🍁🌼🌻🌼🌻

No hay comentarios:

Publicar un comentario