viernes, 19 de junio de 2026

Festival de Fin de Curso

FESTIVAL FIN DE CURSO 2025-26


Un festival cargado de moitas emocións e aplausos 
que o alumnado do CEIP SEQUELO compartiu 
con toda a comunidade escolar.

Tivemos a visita dalgunhas titoras xubiladas: María e Menchi,
 que na entrega de diplomas aos máis lectores da Biblioteca,
 ou durante a entrega de orlas na graduación de 6º de Primaria, 
axudaron nos actos coma en cursos anteriores.

Bailes, Cancións...


Vídeos para o recordo visionados durante a graduación de Infantil, Poemas en inglés....

...e varias cancións a coro de todo o colexio. 

As cancións máis significativas relacionadas co proxecto deste curso, "Cóntame un Conto".

Estes foron algúns dos momentos máis animados do festival:





😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀

Despois da música e os bailes entregáronse os premios ás máis lectoras da Biblioteca "Luís Davila" do Sequelo.

A profesora Menchi, axudounos na entrega de diplomas
 recordando os seus días de dedicación á nosa Biblioteca.

Ainara Portabales Pontevedra de 2º de Primaria foi a máis lectora da nosa Biblioteca neste curso 25-26.


😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊

Logo chegaron as graduacións.
Con moita ilusión despedimos aos de 6º de Infantil e Primaria.




Moitas grazas a todos por participar neste final de curso,
e de manera especial, coma sempre,
 á nosa ANPA pola súa valiosa labor.

FELIZ VERANO!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario