viernes, 25 de septiembre de 2026

PLEA: Hora de Ler

 Tempo de Lectura


Un dos obxectivos fundamentais do PLEA,
Plan de Lectura , Escritura e Acceso á Información
é o Tempo de lectura.

Acordamos en Claustro que o tempo adicado á lectura 
será repartido en sesións despois do recreo, 
con actividades distintas para cada día.

Relacionando o PDI "Un Cole de Película" co Proxecto PLEA,
engadimos un día para o CINEFÓRUM.
Dedicaremos o último xoves de mes á Oralidade.

Traballaremos o debate, as recomendacións lectoras ...
e o intercambio de ideas relacionadas co Cine.

No hay comentarios:

Publicar un comentario