viernes, 23 de octubre de 2026

Magosto 2026

Este ano as castañas madrugaron, 
e no noso colexio celebramos o Magosto
 o xoves 22 de outubro.
 Recordan os maiores que o magosto, 
o comer castañas
 comezaba por estas datas, preto do Día dos Difuntos.
Noutros anos, aquí no colexio, 
o celebramos coincidindo coa data de San Martiño, 
pero para que non se nos pasaran as castañas,
 neste curso vai antes do Samaín, 
que celebraremos para a próxima semana.
Houbo distintos recunchos polo patio preparados para xogos,
 xogos tradicionais para todas as idades.

Especial mención á chocolatada 
que tanto triunfou entre o alumnado.
Tanto polo chocolate como polas castañas,
damos as grazas á ANPA,
e pola súa valiosa colaboración.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario