viernes, 22 de mayo de 2026

I Romaría Popular do Ceip Sequelo

"Romaría de Fábula" 

Vestidos con traxes tradicionais 

e facendo coincidir coa proximidade

 da Semana das Letras Galegas, despedimos 

o proxecto deste curso coa I Romaría Popular do Sequelo.

Detalliños para decorar e repartir relacionados coa figura de Begoña Caamaño, escritora sobre a que versou o manifesto que leron as alumnas de 6º para introducir a I Romaría Popular do Sequelo.

Comezamos a festa nas aulas ataviados
cos traxes tradicionais galegos.



Preparado e ensaiado o alumnado na clase de música 
deleitou aos asistentes cuns cantares galegos cos que 
animaron a Romaría.




Infantil - A formiguiña


1°ciclo - O xogo da Carrasquiña



2° ciclo - Aire (Tanxugueiras)

4°/5°/6° - A virxe de Portobello

Actuación sorpresa!
Magníficas!!



Todos xuntos cantamos a coro "4 vellos mariñeiros"

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
 Continuamos a festa bailando.


  Puidemos bailar todos algún paso da muiñeira
 grazas á música que con agarimo dedicounos
 o grupo de gaitas, "Os de Marín"

Como nas antigas romarías que recordamos, nesta tamén houbo moitos petiscos e doces, aportados polos asistentes,
manteis na herba, bancos de madeira e ata unha hamaca.



Moitas Grazas á todos por participar
e en especial á ANPA
 pola súa colaboración!

ATA A PRÓXIMA ROMARÍA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario